Grande Terre, Nova Caledonia
Grande Terre é a illa principal de Nova Caledonia. Comprende varias illas máis pequenas como o Arquipélago de Belep ao norte de Grande Terre, as illas da Lealdade ao leste de Grande Terre, a Illa dos Piñeiros ao sur e as Illas Chesterfield e Bellona ao oeste.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Territorio dependente | Nova Caledonia | |||
Capital | Nouméa | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 16.648 km² | |||
Medición | 60 () × 400 () km | |||
Bañado por | Mar do Coral | |||
Altitude | 1.628 m | |||
Punto máis alto | Monte Panié (pt) (1.629 m) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Grande Terre é por moito a illa máis grande, e a única con montañas. Ten unha área de 16.372 km² e unha forma alargada de noroeste a sueste, medindo 350 km de longo por 50–70 km de ancho. Unha cadea montañosa corre ao longo da illa e conta con cinco picos de máis de 1.500 m. O punto máis alto é o Monte Panie con 1.628 m.
Clima
Nova Caledonia localízase no Trópico de Capricornio, entre os 19º e 23º de latitude sur. O clima das illas é tropical, a choiva é estacional e é traída polos ventos que usualmente corre desde o leste. A media de precipitación anual é de 1.500 mm nas Illas da Lealdade, 2.000 mm nas partes baixas de Grande Terre e entre 2.000 mm e 4.000 mm nas zonas elevadas de Grande Terre.