Gran Premio dos Países Baixos

(Redirección desde «Gran Premio de Holanda»)
Gran Premio dos Países Baixos
Plano do Circuíto
Datos
Anos disputados 36 (32 oficiais)
Primeira disputa 1948 (1952 )
Última disputa 2022
Localización Zandvoort Países Baixos Países Baixos
Patrocinador principal
Lonxitude 306´648 km en 72 voltas
Marca de volta 1:16.538 (1985, Alain Prost, McLaren)
Piloto récord Jim Clark (4)
Escudería récord Italia Ferrari (9)
Poles récord Francia René Arnoux (3)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio dos Países Baixos (neerlandés: Grote Prijs van Nederland) é un evento de carreira automobilística de Fórmula Un celebrada no Circuíto Park Zandvoort, Holanda do Norte, nos Países Baixos, de 1950 a 1985 e que volveu ao calendario a partir do Campionato Mundial de Fórmula Un de 2021. Formou parte do Campionato do Mundo desde 1952 e designouse como Gran Premio de Europa dúas veces, en 1962 e 1976, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a unha carreira de Gran Premio en Europa.

En 1985 foi a última carreira, xa que a empresa que dirixía o circuíto (CENAV) saíu do negocio, o que marcou o final do Circuíto de Zandvoort. A pista, propiedade do municipio de Zandvoort, non se utilizou durante algún tempo e parte dos terreos e aproximadamente a metade da pista vendeuse en 1987 a Vendorado, para construír unha urbanización de bungalows.

O 14 de maio de 2019, anunciouse a volta do Gran Premio de Holanda na pista de Zandvoort para o calendario de Fórmula Un 2020.[1] En marzo de 2020 aprazouse a volta do evento en resposta á pandemia de COVID-19. Posteriormente cancelouse por completo co regreso do evento previsto para 2021, onde o favorito local Max Verstappen levou a vitoria.

Os gañadores do Gran Premio dos Países Baixos editar

Gañadores múltiples (pilotos) editar

O fondo de cor rosa indica unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un

Número de vitorias Piloto Tempada
4   Jim Clark 1963, 1964, 1965, 1967
3   Jackie Stewart 1968, 1969, 1973
  Niki Lauda 1974, 1977, 1985
  Max Verstappen 2021, 2022, 2023
2   Louis Rosier 1950, 1951
  Alberto Ascari 1952, 1953
  Jack Brabham 1960, 1966
  James Hunt 1975, 1976
  Alain Prost 1981, 1984

Gañadores múltiples (construtores) editar

En letra grosa construtores que seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo de cor rosa indica que unha carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Número de vitorias Piloto Tempada
9   Ferrari 1949, 1952, 1953, 1961, 1971, 1974, 1977, 1982, 1983
6   Lotus 1963, 1964, 1965, 1967, 1970, 1978
3   McLaren 1976, 1984, 1985
  Red Bull 2021, 2022, 2023
2   Talbot-Lago 1950, 1951
  BRM 1959, 1962
  Matra 1968, 1969
  Brabham 1966, 1980

Por ano editar

Todos os Grandes Premios dos Países Baixos celebráronse en Zandvoort.

 
Zandvoort desde 1973 a 1979
 
Zandvoort desde 1948 a 1971
 
Zandvoort desde 1999 comparado co de 1980

''Nota: Fondo rosado indica carreira non de campionato.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2023   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT Zandvoort Resultados
2022   Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT Resultados
2021   Max Verstappen Red Bull Honda Resultados
1986-2020 Non disputado
1985   Niki Lauda McLaren-TAG Zandvoort Resultados
1984   Alain Prost McLaren-TAG Resultados
1983   René Arnoux Ferrari Resultados
1982   Didier Pironi Ferrari Resultados
1981   Alain Prost Renault Resultados
1980   Nelson Piquet Brabham-Ford Resultados
1979   Alan Jones Williams-Ford Resultados
1978   Mario Andretti Lotus-Ford Resultados
1977   Niki Lauda Ferrari Resultados
1976   James Hunt McLaren-Ford Resultados
1975   James Hunt Hesketh-Ford Resultados
1974   Niki Lauda Ferrari Resultados
1973   Jackie Stewart Tyrrell-Ford Resultados
1972 Non disputado
1971   Jacky Ickx Ferrari Zandvoort Resultados
1970   Jochen Rindt Lotus-Ford Resultados
1969   Jackie Stewart Matra-Ford Resultados
1968   Jackie Stewart Matra-Ford Resultados
1967   Jim Clark Lotus-Ford Resultados
1966   Jack Brabham Brabham-Repco Resultados
1965   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1964   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1963   Jim Clark Lotus-Climax Resultados
1962   Graham Hill BRM Resultados
1961   Wolfgang von Trips Ferrari Resultados
1960   Jack Brabham Cooper-Climax Resultados
1959   Jo Bonnier BRM Resultados
1958   Stirling Moss Vanwall Resultados
1957 Non celebrado
1956 Non celebrado
1955   Juan Manuel Fangio Mercedes Zandvoort Resultados
1954 Non celebrado
1953   Alberto Ascari Ferrari Zandvoort Resultados
1952   Alberto Ascari Ferrari Resultados
1951   Louis Rosier Talbot-Lago Zandvoort Resultados
1950   Louis Rosier Talbot-Lago Resultados
1949   Luigi Villoresi Ferrari Resultados
1948   Prince Bira Maserati Resultados

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "Formula 1 Dutch Grand Prix to return at Zandvoort from 2020". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2019-05-14.