Gran Nebulosa de Magalhães

galaxia do Grupo Local

A Gran Nebulosa de Magalhães[1] (abreviada como LMC, do inglés Large Magellanic Cloud) és unha galaxia anana, satélite da Vía Láctea e membro do Grupo Local.

Encóntrase a 136 000 anos luz (uns 41 700 pársecs)[2] de distancia, sendo a terceira galaxia máis próxima á Vía Láctea despois da galaxia Anana do Can Maior e a galaxia Anana Elíptica de Saxitario (SagDEG).

É visíbel a simple vista como un débil obxecto no hemisferio austral terrestre situado entre as constelacións de Dorado e Mensa. Forma unha das chamadas Nubes de Magalláns do hemisfero sur xunto á Pequena Nebulosa de Magalhães (galaxia anana NGC 292).

Historia editar

A peculiar posición da Gran Nube de Magalláns, exactamente en dirección ao polo sur da eclíptica, fai que desde latitudes mediterráneas non sexa visíbel en ningunha época, polo que permaneceu descoñecida na Antigüidade clásica.

A primeira mención da Gran Nube de Magalláns aparece no Libro das Estrelas Fixas, texto escrito polo astrónomo persa Abd Al-Rahman Al Sufí en torno ao ano 964.[3][4] Nese linbro menciónase como Al Bakr, o Boi Branco dos árabes do sur, xa que a Gran Nube de Magalláns é visíbel desde o sur de Arabia.

A seguinte observación rexistrada foi feita en 1503-1504 por Amerigo Vespucci nunha carta sobre a súa terceira viaze.[5]

Fernão de Magalhães, na súa viaxe de circunnavegación ao redor da Terra, foi o primeiro en poñer en coñecemento de occidente a existencia desta galaxia, que hoxe leva o seu nome.[4]

O primeiro en estudar detalladamente a Gran Nube de Magalláns foi John Herschel, quen se estableceu en Cidade do Cabo entre 1834 e 1838, analizando 278 obxectos diversos comprendidos dentro dela.[6]

No 1987 foi detectada a supernova SN 1987A na Gran Nebulosa de Magalhães.[7]

Até o descubrimento da galaxia Anana Elíptica de Saxitario en 1994, a Gran Nube de Magalláns era considerada a galaxia máis achegada á Vía Láctea. Co descubrimento en 2003 da galaxia Anana do Can Maior, o título de galaxia máis próxima recaeu sobre esta última.

Notas editar

  1. EGU, tomo 11, p. 336: Magalhães, nebulosas de ASTRON Nome de dúas galaxias irregulares do ceao austral, próximas á Vía Lácta, descritas por primeira vez por F. Magalhães en 1519. A máis grade, chamada Gran Nebulosa de Magalhães... A máis pequena, denominada Pequena Nebulosa de Magalhães...
  2. Datos obtidos con só un 2 % de marxen de erro.
  3. "Observatoire de Paris (Abd-al-Rahman Al Sufi)". Consultado o 19 de abril de 2007. 
  4. 4,0 4,1 "Observatoire de Paris (LMC)". Consultado o 19 de abril de 2007. 
  5. "Observatoire de Paris (Amerigo Vespucci)". Consultado o 19 de abril de 2007. 
  6. Murrell, Andrew. "Treasures Of The SMC Part I" Arquivado 05 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. The Astronomical Society.
  7. Kwon, Diana. "A new view into the history of the universe". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-12-15. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar