Abrir o menú principal
Este mapa mostra a Costa do Grande Arco de Florida en azul e a rexión do Grande Arco en vermello.

A rexión do Grande Arco (inglés: Big Bend) de Florida, nos Estados Unidos, é unha división rexional informal do Estado, de tipoloxía vernácula, sen límites oficiais rexistrados. Xeralmente inclúe os condados da Franxa de Florida ao este do Río Apalachiloca. A Costa do Grande Arco é a costa pantanosa e sen barreira de illas que se estende ao longo da costa floridana do Golfo de México desde o Río Ocklockonee ao Caio Anclote.

As ONG que se autodefinen como establecidas no Grande Arco a miúdo inclúen os condados de Franklin, Gadsden, Jefferson, Leon, Liberty, Madison, Taylor e Wakulla dentro das súas áreas de traballo[1][2][3]. A principal cidade da rexión é Tallahassee.

A Costa do Grande Arco é a costa pantanosa que se estende sobre uns 350 quilómetros desde a desembocadura do Río Ocklockonee ao redor da Baía de Apalache e descende a costa oeste da península de Florida ata o Caio Anclote. Este tramo de costa inclúe as costas dos condados de Wakulla, Jefferson, Taylor, Dixie, Levy, Citrus, Hernando e Pasco. A Costa do Grande Arco é unha rexión cárstica mergullada, cuberta dunha marisma salina. Inclúe mananciais de auga fresca, arrecifes de ostras e o delta do Río Suwannee. Hai illas de barreira ao oeste do río Oklockonee e ao sur comezando co Caio Anclote, aínda que non hai illas de barreira entre os devanditos puntos. A Costa do Grande Arco contén pouco ou nada de area ou barro. A topografía cárstica produciu unha superficie irregular, frecuentemente exposta e cun substrato rochoso. Debido á anchura da plataforma continental adxacente (máis de 150 quilómetros), o baixo gradiente de inclinación da costa (1:5000) e ao feito de ficar ao abrigo dos ventos predominantes das tormentas, a Costa do Grande Arco está xeralmente pouco exposta á enerxía das ondas. A costa sofre, iso si, o efecto das mareas de tempestades[4][5][6][7].

NotasEditar

  1. "Big Bend Region". Early Learning Coalition. Florida, Estados Unidos. Consultado o 17-6-2011.  (en inglés).
  2. "Paralegal Association of Florida, Big Bend Chapter" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25-01-2009. Consultado o 13-12-2014. .
  3. "Neighboring Counties" (en inglés). United Way of the Big Bend. Consultado o 13-12-2014. .
  4. Mattson, Robert A.; Frazer, Thomas K.; Hale, Jason; Blitch, Seth; Ajijevych, Lisa. United States Geological Survey, ed. "Florida Big Bend" (PDF) (en inglés). Consultado o 13-12-2014. .
  5. USGS (ed.). "A Photo Gallery of Florida's Big Bend Tidal Wetlands". Estados Unidos de América.  (en inglés).
  6. Confex, ed. (2004). "Status of Knowledge in Florida's Big Bend". GSA. Estados Unidos de América.  (en inglés).
  7. Randazzo, Anthony F.; Jones, Douglas S., eds. (1997). The Geology of Florida (en inglés). Gainesville, Florida: University Press of Florida. pp. 4 e 165–66. ISBN 0-8130-1496-4.