Gramática histórica do galego

O galego, na súa evolución dende o latín, cumpriu unha serie de regras fonéticas, morfolóxicas, sintácticas e semánticas, algunhas iguais para tódalas linguas, outras comúns coas linguas románicas e outras singulares para o caso galego. O estudo destes procesos é a Gramática histórica ou Historia da lingua galega. A ciencia etimolóxica utilízaa como instrumento para identificar os étimos e evolucionou grazas á incorporación de tres conceptos:

  • que a evolución parte da lingua oral e non da escrita, é dicir, baséase na fonética e non na grafía ou ortografía
  • que a evolución fonética é dependente do contexto fónico
  • que os procesos de evolución teñen unha secuencia temporal e dependen do momento de introdución do étimo na lingua (por exemplo, a máis evolucionada autor e a máis tardía en incorporarse actor teñen o mesmo étimo)

Fonética

editar

Os cambios sincrónicos dunha lingua veñen dados por leis fonéticas. As leis fonéticas máis xerais da evolución do latín ó galego, que en boa medida aínda se seguen producindo, son as seguintes:

  • mantemento da tónica case sistemático
  • perda de nasal final (moi frecuente nos substantivos, pois proceden do acusativo)
fronte(m) > fronte
lumine(m) > lume
Marini (xenitivo) > Marín
Abbatini (xenitivo) > Abadín
poenam > pena
aqua lata > Agolada
Aurientia (ou ?Oirentia) > Ourense; augustu(m) > agosto
ponte(m) > ponte (ES puente)
dente(m) > dente (ES diente)
colore(m) > cor; palatale(m) > padal
luna(m) > lúa; origine(m) > orixe (aínda que ás veces a vogal, nasalizada, permite recuperar o -n-: foeniculum > fiúncho)
Tudes > Tui
digitu(m) > dedo (cf. dixital)
apis > apicula > abella; aprile(m) > abril
Senatu(m) > Senado (obsérvese como aquí non se perde o -n- intervocálico); petra(m) > pedra
baca (/k/) > baga
lacte(m) (/kt/) > leite; actore(m) > autor
fraxinu(m) (/ks/) > freixo
altariu(m) > outeiro
area > > aira / eira
vulpe(m) > golpe ("raposo")
ianuariu(m) > xaneiro
  • metátese asistemática de certas consoantes (-r-) ou vogais (-i-)
Castro > Crasto (popular); Carlos > Calros (popular)
piraria > pereira
parabola > palabra

Outros factores importantes son:

Un novo grupo de fonemas: as palatais

editar

Mención especial merece a palatalización, normalmente por contacto con iode, que deu lugar a un novo grupo de fonemas, os palatais, inexistentes en latín. As principais orixes das palatais son:

  • grupos consonánticos con líquida no segundo elemento
FL - flore(m) > chor
PL - planu(m) > chan
C'L - cuniculu(m) > cunic'lu > coello
  • lateral + iode
miliu(m) > millo
  • nasal + iode
pruneu(m) > abruño; communione(m) > comuñón
  • oclusiva dental sonora + iode
hodie > hoxe
  • oclusiva dental xorda + iode
aviatione(m) > aviación
  • oclusiva velar sonora + iode
ferrugine(m) > ferruxe (e ferraxe)
  • oclusiva velar xorda + iode
principiu(m) > principio

Morfosintaxe

editar

A evolución morfolóxica dende o latín debe dividirse en dous grandes bloques: o das palabras invariables ou non flexionables (preposicións, conxuncións, adverbios) e o das palabras variables. Este último subdivídese entre a conxugación verbal e a flexión nominal de substantivos e adxectivos. Cada un destes grupos ten características e evolucións particulares que levan a consideralos como independentes.

A principal característica da evolución morfolóxica dende o latín ó galego é a perda do caso gramatical. Cómpre ter en conta ademais que os substantivos proceden maioritariamente do acusativo con poucas excepcións (xenitivo en topónimos, ablativo en adverbios).

Outra perda importante é a do xénero neutro. En xeral, as palabras manteñen o xénero e o número do latín, tendo en conta que o neutro singular se adscribe ó masculino en galego. Algúns casos especiais son:

  • a voda, a leña, procedente dun neutro plural
  • o val, procedente dun orixinario feminino (valle(m) + diminutivo > Valela > Varela, non *valelo)
  • a ponte, o sangue, o sal en cambio conservaron o xénero orixinal, en contraste co castelán

Outro fenómeno de evolución morfolóxica é a analoxía. Neste proceso, unha palabra pode evolucionar influída pola existencia doutras do mesmo corpus léxico. Exemplos disto poden ser:

  • sancristán, que procede de sacru(m), pero que engade un -n- por influencia de sanctu(m) e Christus
  • prestigiatore, que procede a través do italiano de prestigiu(m), pero que se converteu en prestidixitador por influencia de digitu(m), "dedo"
  • vagamundo, influído polo substantivo mundo

A analoxía no plano morfolóxico é en certo xeito equivalente á asimilación no plano fónico.

Outra influencia morfolóxica, aínda que tamén fónica é a hipercorrección. O seu equivalente fónico sería a disimilación.

Véxase tamén

editar