Modelo:Xeografía políticaGrândola
Imaxe

Localización
Mapa
 38°10′37″N 8°34′08″O / 38.176809, -8.568896
EstadoPortugal
DistritosSetúbal Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación14.826 (2011) Editar o valor en Wikidata (17,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie825,94 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1544 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal7570 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-grandola.pt Editar o valor en Wikidata

Grândola é un municipio, unha vila e unha freguesía portuguesa, situada no distrito de Setúbal, na rexión do Alentejo e na subrexión do Alentejo Litoral. No ano 2006 o concello tiña 14.214 habitantes, en 2021 a poboación baixara lixeiramente a 13 827 habitantes.[1]

Limita ao norte con Alcácer do Sal, ao leste con Ferreira do Alentejo, ao sur con Santiago do Cacém, ao oeste co océano Atlántico e ao noroeste a ría do Sado sepáraa do concello de Setúbal.[2]

Xeografía política

editar

Demografía

editar
Poboación do concello de Grândola (1801 – 2021)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2021
3463 2528 7539 13370 21060 16042 13767 14901 13 827

Freguesías

editar

Alén da freguesía homónima de Grândola, no municipio hai outras catro freguesías:

  • Grândola
  • Azinheira dos Barros e São Mamede do Sádão
  • Carvalhal
  • Melides
  • Santa Margarida da Serra

Brasón

editar

A cruz de Santiago presente no escudo de armas de Grândola simboliza a influencia histórica da Orde de Santiago, fundada no século XII.[3]

Xeografía física

editar

A zona conta co río Sado, varias ribeiras, a lagoa de Melides e praias destacadas. A topografía é principalmente plana, con algunhas serras como a de Grândola. O concello forma parte da Reserva Natural do Estuário do Sado, cunha rica biodiversidade e actividades económicas tradicionais como a pesca, a salinicultura, a resinación e a extracción da cortiza da sobreira (cortiça).[1]

O seu clima mediterráneo con influencia oceánica presenta un verán seco, con temperaturas entre 23 °C e 29 °C. [1]

Grândola, Vila Morena

editar

José Afonso compuxo a canción "Grândola, Vila Morena" en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. Esta canción fíxose famosa cando foi elixida como sinal para comezar a revolución do 25 de abril en Portugal. Houbo dous sinais: o primeiro, ás 23.00 horas, foi a canción "E depois do adeus", de Paulo de Carvalho. Grândola, que foi o segundo sinal, foi emitida no programa Limite, de Rádio Renascença, ás 0:20 horas do día 25. Foi o sinal da saída das tropas de Lisboa e a confirmación de que a revolución gañaba terreo.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Infopédia. "infopedia.pt". infopedia.pt - Porto Editora (en portugués). Consultado o 2025-02-12. 
  2. "Grândola". Mapcarta (en portugués). Consultado o 2025-02-12. 
  3. "Selo, Brasão, Bandeira e Pedras de Armas da Vila de Grândola". www.cm-grandola.pt (en portugués). Consultado o 2025-02-12. 
  4. "E depois do adeus, Grândola, vila morena - CULTURA - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos". web.archive.org. 2018-04-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 2025-02-12. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar