Goretti Fariña
bióloga e escritora galega
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
María Goretti Fariña Caamaño, nada en Baión (Vilanova de Arousa) en 1965, é unha bióloga, profesora e escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Baión, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua galega |
Premios |
Traxectoria editar
É bióloga e monitora de Medio Ambiente. Doutorouse en Enxeñería dos Residuos. É profesora de Ciencias no Colexio Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa e guionista produtora dunha empresa videográfica.
Obras editar
Poesía editar
- Nai e mais ninguén, 2000, Follas Novas.
- Devastacións dispoñibles, 2010, Instituto de Estudos Miñoranos.
Narrativa editar
Obras colectivas editar
- Os dares e teres de Saladina, 2000, Xunta de Galicia.
Premios editar
- Premios de poesía de Marín, Mos e Begonte.
- Premio de narrativa de Medio Ambiente de Galicia no 1999, por Os dares e teres de Saladina.
- Premio de poesía do Concello de Viveiro no 1999, por Do noxo estacionario.
- Premio do X Certame de poesía Rosalía de Castro da Casa de Galicia de Córdoba, por Nai e mais ninguén.
- Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada no 2003, por Nada por vir.
- Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López do Concello de Paradela no 2005, por As devocións danadas.
- Gañadora do XXXIII Premio de Poesía do Concello de Vilalba no 2007, por Codias canda min.
- Premio de poesía Victoriano Taibo no 2009, por Devastacións dispoñibles.
- Premio Cidade Centenaria de Ribeira no 2011, por Orlando pendurado.