Goomer (filme de 1999)

filme de 1999

Goomer é un filme de animación galego de 1999, creado por Bren Entertainment, con dirección de José Luis Feito e Carlos Varela e baseado na banda deseñada homónima de Nacho e Ricardo.

Goomer
Ficha técnica
DirectorJosé Luis Feito e Carlos Varela
ProdutorJulio Fernández
GuiónGregorio Muro, Pedro Rivero e Joanes Urkixo
Baseado enGoomer de Nacho e Ricardo
MúsicaAlberto Bourdon, Xavier Capellas e Jordi Cubino
FotografíaFélix Bueno
EstudioBren Entertainment
Estrea9 de xullo de 1999
Duración80 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerocomedia, animación
Na rede
IMDB: tt0208997 Filmaffinity: 188002 Editar o valor en Wikidata

O guión foi adaptado por Gregorio Muro, Pedro Rivero e Joanes Urkixo. Foi un filme pioneiro da animación galega e gañou o Premio Goya á mellor película de animación na edición de 2000.[1][2][3]

Argumento

editar

Goomer é un transportista intergaláctico que descobre un planeta con sinais de vida. Entón ve a posibilidade de facer negocios nel e volverse rico, xa que alí ninguén coñece a súa reputación. Espera converterse nunha celebridade como o primeiro humano en aterrar nese planeta. Pero ninguén lle fai moito caso ao principio.[4]

  1. "Goomer". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  2. de Santos, Ágatha (29 de xaneiro de 2012). "La animación en Galicia pierde fuelle". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  3. "De Goomer a Nocturna". El Correo Gallego (en castelán). 12 de febreiro de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  4. "Sinopse". IMDb (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

editar