Un gonzo[1] ou bisagra[2] é un dispositivo que está constituído por dúas pezas metálicas articuladas que posibilitan o xiro de portas, fiestras ou paneis de móbeis. Unha das dúas pezas vai unida á folla e xira sobre un eixe, permitindo o seu movemento circular.

Imaxe dun gonzo.

A variedade de modelos presentes no mercado é enorme e adáptase en forma e tamaño ás súas múltiples utilidades. Os materiais de fabricación pódense concentrar en dous grandes grupos: o plástico e o metal (aceiro, cinc, latón, bronce etc.).

Clasificación editar

Os gonzos clasifícanse segundo:

  • o seu grao de abertura, que varía até os 180°, dependendo do móbel ao que vai destinado;
  • o seu grao de visibilidade, distinguíndose os invisíbeis e os de tipo barril;
  • o seu sistema de colocación, diferenciándose o manual a parafusos e o automático que precisa o uso de maquinaria.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Gonzo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Bisagra.