Gondar, Amarante

freguesía de Portugal

Gondar é unha freguesía portuguesa do concello de Amarante, cunha superficie de 9,63 km² e 1.693 habitantes (2001). Densidade: 175,8 hab/km².

Modelo:Xeografía políticaGondar, Amarante

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°15′12″N 8°01′41″O / 41.25342, -8.02819Coordenadas: 41°15′12″N 8°01′41″O / 41.25342, -8.02819
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto
ConcelloAmarante Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie9,64 km² Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Mosteiro de Gondar

Señor desta vila foi don Mendo de Gundar, cabaleiro de Oviedo, que chegou a Portugal co conde Henrique de Borgoña, conde de Portugal no século XII, ao servizo da súa muller Teresa. Ademais de Señor de Gondar, tamén foi Señor de São Salvador de Lafões. Tamén foi alcalde de Celorico de Basto e fundador do mosteiro de Gondar. Faleceu no concello de Guestaço. Don Mendo de Gundar casou no reino de Galiza con Dona Goda, coa que tivo seis fillos: Fernão Mendes de Gundar, Lourenço Mendes de Gundar, Egas Mendes de Gundar, Estevainha Mendes de Gundar, Loba Mendes e Urraca Mendes[1].

Patrimonio histórico editar

 
Igrexa matriz e cemiterio
  • Igrexa antiga de Gondar.
  • Mosteiro de Gondar.

Notas editar

  1. Moreira, Publicada por Miguel. "Sentir Gondar" (en portugués). Consultado o 2022-06-24. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar