Abrir o menú principal

Golpe en Hawai

filme de 2004 dirixido por George Armitage

Golpe en Hawai (en inglés: The Big Bounce) é un filme estadounidense dirixido por George Armitage que foi estreado no 2004. Estreouse en galego na TVG o 14 de xuño de 2008.[2]

Golpe en Hawai
Ficha técnica
Título orixinalThe Big Bounce
DirectorGeorge Armitage
ProdutorGeorge Armitage
Steve Bing
GuiónSebastian Gutierrez
Baseado enNovela de Elmore Leonard
IntérpretesOwen Wilson
Charlie Sheen
Morgan Freeman
Sara Foster
MúsicaGeorge S. Clinton
MontaxeBarry Malkin
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaFlag of the United States.svg 30 de xaneiro de 2004
Galicia 14 de xuño de 2008 (TVG)
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento$50 000 000[1]
Recadación$6 808 550

ArgumentoEditar

Jack Ryan (Owen Wilson) é un surfeiro pouco fiable que vai dando tombos pola vida. En Hawai coida do xuíz Walter Crewes (Morgan Freeman). Tamén se ve relacionado cunha explosiva muller (Sara Foster), que é en realidade a amante dun magnate (Gary Sinise), un turbio home de negocios e vello rival do xuíz Crewes. Ryan entón deberá elixir entre a muller, os cartos ou o camiño recto.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Golpe en Hawai na TVG". Diario Siglo XXI. 14 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase taménEditar