Abrir o menú principal

Coordenadas: 9°35′00″N 75°40′00″O / 9.5833, -75.6667 O golfo de Morrosquillo é un golfo que se atopa no sur do mar Caribe, na costa norte de Colombia, pertencente ós departamentos de Sucre e Córdoba.[1]

Como particularidade cómpre mencionar que en Morrosquillo remata o oleoduto Caño Limón–Coveñas, onde se carga o petróleo procedente do piedemonte llanero. No extremo norte do golfo atópase o arquipélago de San Bernardo, un popular destino turístico que se estende mar adentro uns 15 quilómetros e está composto polas illas Cabruna, Boquerón, La Palma, Mangle, Tintipán, Panda, El Islote, Múcura, Maravilla e Ceycén.

NotasEditar

  1. Efraín Otero Álvarez, Lina Mosquera Aguirre, Gerardo Silva Castro, Julio César Guzmán Victoria. "Golfo de Morrosquillo". Golfos y bahías de Colombia. Banco de Occidente. ISBN 978-958-95504-2-7.