Abrir o menú principal

Sir Godfrey Kneller, nado o 8 de agosto de 1646 e finado o 19 de outubro de 1723, foi un artista que traballou como pintor da corte para varios reis ingleses.

Godfrey Kneller
Godfrey Kneller Selfportrait.jpg
Godfrey Kneller
Nacemento8 de agosto de 1646
 Lübeck
Falecemento19 de outubro de 1723 (77 anos)
 Londres
SoterradoSt Mary's Church
NacionalidadeAlemaña e Reino de Gran Bretaña
Ocupaciónpintor
PaiZacharias Kniller
IrmánsAndreas Kneller e Johann Zacharias Kneller
Coñecido/a porPortrait of Cornelis de Bruyn, Artist and Traveler, Portrait of the first Earl of Albemarle e An old scholar
editar datos en Wikidata ]
Retrato de Sir John Vanbrugh, considerado unha das obras máis finas de Kneller.

TraxectoriaEditar

Gottfried Kniller naceu en Lübeck, Alemaña. Seu irmán, John Zacharias, tamén se dedicou á pintura establecéndose en Gran Bretaña. Ferdinand Bol e Rembrandt foron mestres seus, e Kneller converteuse no principal pintor de retratos de finais do século XVII e principios do XVIII, tendo retratado a dez monarcas europeos (incluíndo a Luís XIV de Francia).

En 1680 foi nomeado Pintor da Coroa polo rei Carlos II de Inglaterra e armado cabaleiro por Guillerme III de Orange. Ademais concedéuselle o título de baronet (entre barón e cabaleiro) polo rei Xurxo I e dirixiu a Academia de Pintura e Debuxo de Kneller (1711-1716) en Great Queen Street, en Londres.

Da súa man saíron outros corenta e oito retratos de políticos destacados e homes de letras, membros do Club Kit-Cat.

Morreu en 1723 a causa dunhas febres. Os seus restos descansan na igrexa de Twickenham, onde traballaba como coadxutor cando a nave central (do século XIV) derrubouse en 1713 e tivo que tomar parte nos plans de reconstrución da mesma.

Vøexase taménEditar

Ligazóns externasEditar