Glosopeda
- Esta enfermidade tamén se coñece como febre aftosa pero é diferente da Febre aftosa humana que afecta sobre todo ós meniños.
A glosopeda ou febre aftosa é unha enfermidade vírica altamente contaxiosa, que afecta o gando doméstico, especialmente bóvidos, óvidos e porcos, e algúns animais salvaxes como elefantes e mesmo os ratos. Outras especies, como o cabalo, can, gato ou as aves non sofren síntomas pero poden actuar como reservorios e vectores.[Cómpre referencia]
Glosopeda | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | doença bovina (pt) ![]() ![]() |
Subclase de | Picornaviridae infectious disease (en) ![]() ![]() |
Causado por | Foot-and-mouth disease virus ![]() |
Síntomas | febre, envelenamento, artralxia, mialxia, afta e saliva secretion (en) ![]() ![]() |
Especialidade médica | infectoloxía e veterinaria ![]() |
Proceso de transmisión | transmisión por contacto ![]() |
Ligazóns | |
MeSH | D005536 ![]() |
DiseasesDB | 31707 ![]() |
![]() |

Tamén o home pode resultar contaxiado polo virus, por contacto con animais enfermos ou consumo de carne ou leite procedente de animais enfermos, pero non é habitual e, cando contrae a enfermidade, cursa cun cadro clínico leve.[Cómpre referencia]
O virus da febre aftosa foi descuberto en 1897. A última grande epidemia de glosopeda ocorreu no Reino Unido no ano 2001, as autoridades víronse obrigadas a sacrificar entre 6,5 e 10 millóns de cabezas de gando vacún, ovino, caprino e porcino.[1]
Patoxenia
editarNo gando susceptible trátase dunha enfermidade aguda, febril, que se manifesta pola aparición de vesículas ou aftas nas mucosas da boca, suco interdixital do pezuño e zonas cutáneas non recubertas de pelo. Nos animais adultos non reviste gravidade pero nos becerros pode resultar mortal, ó complicarse cunha miocardite secundaria.[Cómpre referencia]
Recibe tamén as denominacións populares de gripo ou mal da boca e dos pezuños.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glosopeda |