Gloria Macapagal-Arroyo

Gloria Macapagal-Arroyo, nada o 5 de abril de 1947 é unha académica e ex-política filipina, que foi presidenta de Filipinas dende o 20 de xaneiro de 2001 ata o 30 de xuño de 2010.

Gloria Macapagal-Arroyo
Maria Gloria Macaraeg Macapagal
Presidenta de Filipinas
Período20 de xaneiro de 2001 - 30 de xuño de 2010
AntecesorJoseph Ejército Estrada
SucesorBenigno Aquino III
Datos persoais
Nacemento5 de abril de 1947
 San Juan, Luzón
OrganizaciónLaban ng Demokratikong Pilipino / Lakas-CMD
PaiDiosdado Macapagal
NaiEvangelina Macaraeg de Macapagal
CónxuxeJose Miguel Arroyo
FillosMikey Macapagal-Arroyo, Diosdado Macapagal–Arroyo e Evangelina Lourdes Arroyo-Bernas
Alma máterWalsh School of Foreign Service, Universidade de Georgetown, Ateneo de Manila University, Universidade de Filipinas e Assumption College San Lorenzo
Profesiónlicenciada en economía e artes, política
RelixiónIgrexa católica
Na rede
http://www.macapagal.com/gma
editar datos en Wikidata ]

É membro da Academia Filipina da Lingua Española, irmandada coa Real Academia Española.[1]

Traxectoria editar

Macapagal-Arroyo é a filla do anterior presidente Diosdado Macapagal e de Evangelina Macaraeg.[2] Chegou a ser a presidenta en 2001 durante Revolución de EDSA II que desprazou a Joseph Ejército Estrada no medio de acusacións de extensa corrupción. Arroio foi reelixida en 2004, derrotando ao principal líder da oposición filipina, o actor Fernando Poe Jr.[3]

Foi a 14ª presidenta de Filipinas e a segunda muller en ocupar o cargo despois de Corazón Aquino. No ano 2005, foi mencionada na revista Forbes como a cuarta muller máis poderosa do mundo. Foi galardoada co Premio Internacional Don Quixote 2009.[4]

Notas editar

  1. "Academia Filipina de la Lengua Española" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  2. "Gloria Macapagal, nueva presidenta de Filipinas". El Mundo (en castelán). 21 de xaneiro de 2001. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  3. "Philippine President Arroyo Wins Election to Full Term" (en inglés). 21 de xuño de 2004. Consultado o 26 de maio de 2020. 
  4. "Gloria Macapagal y Mario Vargas Llosa, premiados con los Don Quijote 2009". telecinco.es (en castelán). Agencia EFE. 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 04 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Presidentes de Filipinas

Segue a:
Joseph Ejército Estrada
Gloria Macapagal-Arroyo
Precede a:
Benigno Aquino III
Laban ng Demokratikong Pilipino / Lakas-CMD