Gloria Anzaldúa

académica, activista política, feminista, escritora e poeta estadounidense

Gloria Evangelina Anzaldúa, nada en Valle del Río Grande o 26 de setembro de 1942 e finada en Santa Cruz (California) o 15 de maio do 2004, foi unha académica, activista política, feminista, escritora e poeta estadounidense.[1][2][3][4][5][6]

Gloria Anzaldúa
Nacemento26 de setembro de 1942
Lugar de nacementoRio Grande Valley
Falecemento15 de maio de 2004
Lugar de falecementoSanta Cruz
CausaDiabetes mellitus
NacionalidadeMéxico
Alma máterEdinburg High School, University of Texas–Pan American e University of Texas Rio Grande Valley
Ocupaciónescritora, poeta, crítica literaria, escritora de literatura infantil, xornalista, novelista e filósofa
Coñecida porBorderlands/La Frontera: The New Mestiza, This Bridge Called My Back e Friends from the Other Side / Amigos del Otro Lado
PremiosAmerican Book Awards
Na rede
WikiTree: Anzaldúa-10
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Gloria Anzaldúa nace no Valle de Texas, Estados Unidos o 26 de setembro de 1942, filla de Urbano e Amalia Anzaldúa. Ós once anos, a súa familia trasládase a Hargill, Texas. Ós catorce anos, sofre a morte do seu pai. Anzaldúa pode lograr unha educación universitaria a pesar do racismo, sexismo e outras formas de opresión que ela experimenta na súa vida como unha texana de sétima xeración. Recibe o seu grao na Universidade de Texas-Panamericana, e a súa mestría da Universidade de Texas en Austin.

Anzaldúa traballa uns anos como mestra de escola antes de ir a Austin para obter a súa mestría, tamén completa os seus estudos de doutoramento en literatura comparativa na Universidade de Texas en Austin. En 1977 múdase a California onde fai os seus escritos, traballa como catedrática na Universidade Estatal de San Francisco; a Universidade de California en Santa Cruz; a Universidade Atlántica de Florida; e outras. Ela é a máis famosa co-autora de This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981) con Cherríe Moraga, autora de Making Face, Making Soul/Facendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Women of Color (1990), e co-autora de This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002). Tamén escribe Borderlands/La Frontera: The New Mestiza en 1987. Entre os seus libros para nenos Prietita Has a Friend (1991), Friends from the Other Side - Amigos del Otro Lado (1993), Prietita y la Llorona (1996). Anzaldúa tamén escribe moitos traballos de ficción e poesía. Os seus traballos móvense entre inglés e español ó mesmo tempo para converxer nunha soa lingua. En Borderlands identifícase con múltiples identidades. A súa autobiografía "La prieta," publícase en inglés na obra This Bridge Called My Back.

Anzaldúa contribuíu coa definición de feminismo, así como tamén na área cultural da teoría chicana e queer (lesbianas e gais). Unha contribución moi especial foi a introdución do termo mestizaxe para o público estadounidense, que significa a concepción do estado de estar 'máis aló'. Nos seus traballos teóricos, Anzaldúa invoca unha nova mestiza (“new mestiza”), que ela describe como un suxeito consciente dos seus conflitos de identidade e usa o termo o novo ángulo de visión (“new angles of vision”) co fin de retar o pensamento binario en Occidente. O modo de pensar da “new mestiza” atópase ilustrado no feminismo post-colonial.

Obra editar

  • This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981)
  • Borderlands/La Frontera: The New Mestiza (1987)
  • Making Face, Making Soul/Haciendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Feminists of Color (1990)
  • Interviews/Entrevistas (2000)
  • This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002)

Libros infantís editar

  • Prietita Has a Friend (1991)
  • Friends from the Other Side -Amigos del Otro Lado (1995)
  • Prietita y La Llorona (1996)

Notas editar

  1. Hub Hermans; Francisco Lasarte. Literatura chicana (en español) (Volumen 9 de Foro hispánico ed.). Rodopi. ISBN 9051838735. (Pag. 89) Enlace en Google Books
  2. Sexualidades transgresoras: una antología de estudios queer (en español) (Mujeres y culturas ed.). Icaria Editorial. ISBN 8474265622. (Pag. 38) Enlace en Google Books
  3. El color de las sombras (en español) (ilustrada ed.). Universidad Iberoamericana. ISBN 9688565180. (Pag. 109) Enlace en Google Books
  4. Preciado, Beatriz. "Multitudes queer.". 
  5. Simons, Sarah. "Cruce de caminos". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018. 
  6. "Tristes noticias: ha muerto Gloria Anzaldúa". Consultado o 17 de decembro de 2023.