Un globo é un recipiente de material flexíbel enchido con gas, decote destinado a ser un xoguete para os cativos ou para enfeitar festas tal que aniversarios ou outras cerimonias. Así mesmo, os globos tamén son un bo soporte publicitario ao permitir seren serigrafados co logo ou eslogan da marca comercial en cuestión. Os globos modernos están fabricados con materiais como goma, látex, ou nailon, podendo adoptar diversas formas que se manifestan ao seren inflados. O seu interior adoita ser enchido ben con aire o con helio, sendo necesario para este último caso o uso dun inflador específico.

Globos con cores diversas.

Cómpre salientar que os primeiros globos estaban feitos coa mexa dos animais namentres que o globo moderno é un invento de Michael Faraday e tivo lugar nos primeiros compases do século XIX, se ben a produción en masa non se alcanzou até a década de 1930.