Gleisi Helena Hoffmann, nada en Curitiba o 6 de setembro de 1965, é unha avogada e política brasileira, era xefa da Casa Civil (especie de coordenación dos ministerios) dende o 7 de xuño de 2011, nomeada pola presidenta Dilma Rousseff.[1] É membro do Partido dos Trabalhadores, o PT, dende 1989.[2] Foi casada co político Paulo Bernardo.[3]

Infotaula de personaGleisi Helena Hoffmann
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Curitiba
Cargos
Xefa da Casa Civil
Período7 de xuño de 2011 - 2 de febreiro de 2014
AntecesorAntonio Palocci
SucesorAloizio Mercadante
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentro Universitário Curitiba (pt) Traducir
Universidade Tecnológica Federal do Paraná (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica
Partido políticoPartido dos Trabalhadores - PT
LinguaLingua portuguesa e portugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaulo Bernardo Silva

Páxina webgleisi.com.br Editar o valor em Wikidata
Twitter: gleisi Editar o valor em Wikidata

En 1987, iniciou a graduación en Dereito da Facultade de Dereito de Curitiba e, a continuación, obtivo especialización en Xestión de Organizacións Públicas e Administración financeira na Asociación Brasileira de Orzamento público e na Escola Superior de Asuntos Fazendários do Ministerio de Facenda.

En 1999, foi secretaria de Reestruturación Administrativa, no Estado de Mato Groso do Sur. Foi tamén directora financeira da Encoro hidroeléctrico de Itaipú Binacional. Tornouse presidente do PT no Estado do Paraná. En 2010, elixiuse para o cargo de senadora.

Coa petición de dimisión de Antonio Palocci o 7 de xuño de 2011, Gleisi foi, o mesmo día, indicada ministra-xefe da Casa Civil.

Notas editar

  1. "Gleisi Hoffmann, la avogada que quiso ser monja". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2014. Consultado o 11 de setembro de 2011. 
  2. Conheça a trajetória política de Gleisi Hoffmann. O Estado de São Paulo (7 de xuño de 2011).
  3. "Gleisi anuncia separação de Paulo Bernardo". Paraná Portal. 9 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar