Abrir o menú principal

Gleb Uspenskii

escritor ruso
(Redirixido desde "Gleb Uspenski")

Gleb Ivanovich Uspenskii (en ruso: Глеб Иванович Успенский) nado o 25 de outubro de 1843, en Tula e finado o 6 de abril de 1902, San Petersburgo) foi un escritor e periodista ruso.

Gleb Uspenskii
1884 Yaroshenko Portrait Schriftsteller G.I. Uspenskoje anagoria.JPG
Gleb Uspenski
AlcumeБ—н, М., Братья Гипподромовы, Брызгин, Г., …въ, Г. И., Г. У., Г....в, Гл. У., Г—ский, Гусев, Ив., И—в e Иванов
Nacemento25 de outubro de 1843
 Tula, Imperio Ruso Flag of Russia.svg
Falecemento6 de abril de 1902 (58 anos)
 San Petersburgo, Imperio Ruso Flag of Russia.svg
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradoLiteratorskie mostki
NacionalidadeImperio Ruso
EtniaPobo ruso
Ocupaciónescritor e xornalista
XénerosFicción e xornalismo
Gleb Uspensky Signature.png
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

InfanciaEditar

Uspenskii naceu na cidade de Tula, onde o seu pai era un oficial do goberno. Asistiu aos ximnasios de Tula e Chernígov, dedicando gran parte do seu tempo á lectura dos clásicos rusos. Estudou na Universidade de San Petersburgo durante un curto período de tempo en 1861, ata que esta foi temporalmente pechada por disturbios estudantís. Entón, mudouse á Universidade de Moscova, pero en 1863 foi forzado a abandonala sen graduarse, debido á falta de diñeiro. A morte do seu pai en 1864 deixouno coa responsabilidade adicional de coidar da súa familia.

ProfesiónEditar

Os primeiros traballos de Uspenskii publicáronse en 1862, no xornal de Lev Tolstoi Yasnaya Poliana, e no xornal Spectator. Entre 1864 e 1865 contribuíu no xornal Ruskoe Slovo (A Palabra Rusa), e entre 1865 e 1866, no Sovremennik (O Contemporáneo). En 1866 publicou unha serie de debuxos sobre o campesiñado, baixo o título de As Costumes da Rúa Rastaraev, que lle valeu certa reputación. En 1868 se converteuse nun dos principais colaboradores da popular revista Notas da Patria, traballando con Nikolai Nekrasov e Mijaíl Saltykov-Shchedrín.

Na década dos setenta, coa mellora das súas finanzas, viaxou considerablemente, entablando relacións cou gran número de revolucionarios populistas, tales como Piotr Lavrov e Stepniak. Publicou as súas observacións do estranxeiro nun número de traballos, incluíndo Cartas de Serbia.

Ao longo dos anos setenta e oitenta continuou escribindo acerca da vida e as condicións de traballo dos campesiños rusos. A súa obra máis coñecida, O Poder da Terra, baseada nos seus estudos da vida en Nizhnii Novgorod, publicouse en 1882.

MorteEditar

Comezou a sufrir unha enfermidade mental a mediados de 1890, e morreu nun asilo de San Petersburgo en 1902.

LegadoEditar

Os traballos de Uspenskii tiveron unha considerable influencia, e foron eloxiados por moitos escritores contemporáneos, incluíndo a Lev Tolstoi, Anton Chejov e Maxim Gorki.