Glaciación Gaskiers

A biota de Ediacara en contexto
ver • conversa • editar
-650 —
-640 —
-630 —
-620 —
-610 —
-600 —
-590 —
-580 —
-570 —
-560 —
-550 —
-540 —
-530 —
-520 —
-510 —
-500 —
-490 —
Últimas comunidades ediacáricas
Últimos supostos ediacáricos
Última glaciación extensa
Primeiro megafósil ediacárico
Aspidella
discos
Charnia
neoproterozoico
(última era do Precámbrico)
Paleozoico
(primeira era do Fanerozoico)
Escala do eixe: millóns de anos.
Referencias: Waggoner 1998,[1] Hofmann 1990[2]

A glaciación Gaskiers é un período do que se encontran amplos depósitos glaciares (por exemplo, diamictitas) que duraron 340 000 anos, datados entre hai 579,63 ± 0,15 e 579,88 ± 0,44 millóns de anos,[3] é dicir, no final do período ediacariano, polo que é o último episodio glacial importante do Precámbrico.[4]

Os depósitos atribuídos ao Gaskiers, asumindo que foron todos depositados ao mesmo tempo, atopáronse en oito paleocontinentes separados, que nalgúns casos estaban preto do ecuador (a unha latitude de 10-30°). A sección de 300 m de grosor que leva ese nome atopada en Gaskiers (Terranova) está chea de rochas intercaladas no depósito (dropstones) estriadas.[3] Os seus valores isotópicos δ13C son realmente baixos (arredor do 8‰), o que concorda cun período de anormalidades ambientais.[3] O estrato descansa xusto por riba dos fósiles máis vellos da biota de Ediacara, o que orixinou suxestións inicias como que o paso da glaciación puido achaiar o camiño para a evolución destes estraños organismos. Métodos de datación máis axeitados mostraron que hai de feito un oco de 9 millóns de anos entre as diamictitas e os microfósiles de hai 570 millóns de anos.[3]

NotasEditar

  1. Waggoner, Ben (1998). "Interpreting the Earliest Metazoan Fossils: What Can We Learn?". Integrative and Comparative Biology 38 (6): 975–982. ISSN 1540-7063. doi:10.1093/icb/38.6.975. Consultado o 8 de marzo de 2007. 
  2. Hofmann, H.J.; Narbonne, G.M.; Aitken, J.D. (1990). "Ediacaran remains desde intertillite beds in northwestern Canada". Geology 18 (12): 1199–1202. doi:10.1130/0091-7613(1990)018<1199:ERFIBI>2.3.CO;2. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Pu, Judy P.; Bowring, Samuel A.; Ramezani, Jahandar; Myrow, Paul; Raub, Timothy D.; Landing, Ed; Mills, Andrea; Hodgin, Eben; MacDonald, Francis A. (2016). "Dodging snowballs: Geochronology of the Gaskiers glaciation and the first appearance of the Ediacaran biota". Geology 44 (11): 955. doi:10.1130/G38284.1. 
  4. F. M. Gradstein, Gabi Ogg, Mark Schmitz, The Geologic Time Scale, Elsevier, 2012, p. 428.

 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.