Glándula de Meibomio
As glándulas de Meibomio ou glándulas tarsais son un tipo especial de glándulas sebáceas situadas no bordo das pálpebras dentro da placa tarsal, que producen unha secreción oleosa que impide a evaporación da película de bágoas que se forma no ollo humano. A súa secreción impide que esas bágoas se derramen nas meixelas, xa que quedan atrapadas entre o bordo aceitado e o globo ocular, e fai que as pálpebras pechadas sexan impermeables.[1] Na pálpebra superior hai aproximadamente 50 destas glándulas e na inferior hai unhas 25.
As glándulas reciben o seu nome polo do médico alemán Heinrich Meibom (1638–1700), que as describiu, aínda que xa se coñecían moito antes desde os tempos de Galeno.[2][3]
Secreción
editarAlgúns autores introduciron o termo "meibum" para referirse a estas secrecións.[4]
Lípidos
editarOs principais compoñentes da secreción son lípidos. A composición bioquímica da secreción é extremadamente complexa e moi diferente da do sebo producido polas glándulas sebáceas normais. Recentemente, publicouse unha revisión da composición da secreción das glándulas de Meibomio e da estrutura de varios lípidos identificados como presentes na secreción. O máis singular é que non presentan fosfolípidos típicos senón, no seu lugar, os raros (O-acil)-omega-hidroxi ácidos graxos.[5] Actualmente, a técnica máis sensible e informativa de análise dos lípidos da secreción é a espectrometría de masas en combinación coa cromatografía líquida.[6]
Proteínas
editarNos humanos, foron identificadas na secreción máis de 90 proteínas distintas.[7]
Disfunción
editarO mal funcionamento das glándulas de Meibomio pode causar sequidade de ollos, que é un dos trastornos máis comúns dos ollos. Pode tamén contribuír á blefarite. A inflamación das glándulas de Meibomio fai que as glándulas queden entupidas por secrecións cerosas espesas. Ademais de produciren sequidade de ollos, estas obstrucións poden ser degradadas por lipases bacterianas, o que ten como resultado a formación de ácidos graxos libres, que irritan os ollos e ás veces causan queropatías.
Notas
editar- ↑ "eye, human." Encyclopædia Britannica. Encyclopaedia Britannica Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica, 2010.
- ↑ WhoNamedIt synd 541
- ↑ Fisiología del ojo, Elsevier, 2004, ISBN 848174705
- ↑ Nicolaides N, Kaitaranta JK, Rawdah TN, Macy JI, Boswell FM 3rd, Smith RE. "Meibomian gland studies: comparison of steer and human lipids." Invest Ophthalmol Vis Sci. 1981 Apr;20(4):522-536. PMID 7194326.
- ↑ Butovich IA (November 2009). "The Meibomian puzzle: combining pieces together". Prog Retin Eye Res 28 (6): 483–498. PMID 19660571. doi:10.1016/j.preteyeres.2009.07.002.
- ↑ Butovich IA. "Lipidomic analysis of human meibum using HPLC-MSn." Methods Mol Biol. 2009;579:221-246. PMID 19763478.
- ↑ Tsai PS, Evans JE, Green KM, Sullivan RM, Schaumberg DA, Richards SM, Dana MR, Sullivan DA. "Proteomic analysis of human meibomian gland secretions." Br J Ophthalmol. 2006 March;90(3):372-7. doi 10.1136/bjo.2005.080846 PMID 16488965.