Glándula de Harder

A glándula de Harder é unha glándula que se encontra na órbita do ollo que aparece en tetrápodos (réptiles, anfibios, aves e mamíferos) que posúen membrana nictitante.[1] Non existe na especie humana.

Rhineura floridana (réptil anfisbénido); a glándula de Harder está indicada como H. gl. no diagrama B (corte horizontal da cabeza) e C (corte horizontal a través do ollo dereito).

Esta glándula pode ser tubular ou tubuloalveolar composta e o fluído que segrega (mucoso, seroso ou lipídico) varía entre diferentes grupos animais. Nalgúns animais actúa como accesoria da glándula lacrimal, segregando un fluído que facilita o movemento da membrana nictitante. Tamén se propuxo que ten outras funcións, como ser un órgano fotoprotector, un lugar para a resposta inmune, unha fonte de lípidos termorregulatorios, unha fonte de feromonas, un lugar de osmorregulación, entre outras.[1] En mamíferos, esta glándula segrega unha substancia oleosa usada para coidar o pelame. A presenza ou ausencia do espazo desta glándula é unha das pistas que usan os paleontólogos para determinar cando evolucionou o pelame nos antepasados dos mamíferos.[2]

A glándula de Harder foi descrita por primeira vez en 1694 polo anatomista suízo Johann Jacob Harder (1656–1711), o cal documentou os seus descubrimentos nunha publicación titulada Glandula nova lachrymalis una cum ductu excretorio in cervis et damis,[3] ("Unha nova glándula lacrimal cun conduto excretor en cervos e gamos").[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Payne AP (August 1994). "The harderian gland: a tercentennial review". Journal of Anatomy 185 (1): 1–49. PMC 1166813. PMID 7559104. 
  2. Ruben, John A.; Jones, Terry D. (2000). "Selective Factors Associated with the Origin of Fur and Feathers". American Zoologist 40 (4): 585–96. doi:10.1668/0003-1569(2000)040[0585:SFAWTO]2.0.CO;2. 
  3. Murube, Juan (2009). "Tear Apparatus of Animals: Do They Weep?". The Ocular Surface 7 (3): 121–7. PMID 19635245. doi:10.1016/S1542-0124(12)70307-5. 
  4. Hillenius WJ, Phillips DA, Rehorek SJ (2007). "'A new lachrymal gland with an excretory duct in red and fallow deer' by Johann jacob Harder (1694): English translation and historical perspective". Annals of Anatomy 189 (5): 423–33. PMID 17910396. doi:10.1016/j.aanat.2006.10.008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar