Glándula cardíaca

As glándulas cardíacas son glándulas produtoras de moco que se encontran na mucosa gástrica na zona do cardia do estómago humano e doutros animais, arredor da unión gastroesofáxica. A área que ocupan no seu humano é moi pequena en comparación con outros animais, xa que no porco, por exemplo, ocupan case un terzo do seu estómago, mentres que no ser humano só ocupan unha área de entre 5 e 30 mm de largo desde o orificio do cardia. Son glándulas tubulares xeralmente retortas e pouco profundas, que desembocan nas fosiñas gástricas, que nesa zona son bastante planas. Están formada por células produtoras de moco protector, e pode haber algunha célula endócrina produtora de gastrina ou indiferenciada, mais non hai células produtoras de ácido clorhídrico ou de pepsinóxeno, como as das glándulas fúndicas do estómago.[1]

Sección da mucosa gástrica. mm. Membrana mucosa. c. Glándulas cardíacas. d. Ductos das glándulas cardíacas.
  1. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. 11ª edición. McGraw Hill-Interamericana. Páxina 630. ISBN 84-7605-361-4.

Véxase támén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar