Giuseppe Di Stefano
Giuseppe Di Stefano, nado en Motta Sant'Anastasia (Sicilia) o 24 de xullo de 1921 e finado en Santa Maria Hoè o 3 de marzo de 2008, foi un tenor italiano.
Giuseppe Di Stefano | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de xullo de 1921 |
Lugar de nacemento | Motta Sant'Anastasia |
Falecemento | 3 de marzo de 2008 |
Lugar de falecemento | Santa Maria Hoè |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Ocupación | cantante de ópera e cantante |
Premios | Italian Order of Merit for Culture and Art |
Na rede | |
http://www.giuseppedistefano.it | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo único dun zapateiro e dunha modista, foi educado nun seminario Xesuíta e pensou ordenarse sacerdote. Desenvolveu a súa carreira desde finais da década de 1940 ata principios da década de 1970. En 1946 debutou operisticamente na cidade de Reggio Emilia interpretando o papel de Des Grieux na ópera Manon de Massenet, papel co que debutaría o ano seguinte na Scala.
O seu encontro artístico co barítono Tito Gobbi e a soprano Maria Callas foi un dos máis famosos da historia. Ídolo de Pavarotti, é coñecido popularmente como Pippo.
Gravacións con Maria CallasEditar
A pesar de que a súa carreira foi relativamente curta, Di Stefano acompañou a Maria Callas nalgunha das súas gravacións máis famosas, todas elas baixo o selo de EMI. Xuntos gravaron as seguintes óperas completas:
- Lucia Di Lammermoor - 1953
- I Puritani - 1953
- Cavalleria Rusticana - 1953
- Tosca - 1953
- I Pagliacci - 1954
- Rigoletto - 1955
- Il Trovatore - 1956
- La Boheme - 1956
- Un Ballo in Maschera - 1956
- Manon Lescaut - 1957
Outras gravaciónsEditar
- Madama Butterfly con Victoria de los Ángeles - 1954
- La Traviata con Antonietta Stella e Tito Gobbi - 1955
A agresión na praia de DianiEditar
En decembro de 2004 en Diani (Kenya) foi agredido brutalmente por uns descoñecidos e houbo de ser sometido a varias operacións.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |