Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas.

Git
DesenvolvedorJunio Hamano e outros[1]
Última versión2.11.0[1]
Postas en funcionamento7 de abril de 2005
Sistema operativoPOSIX: Linux, Windows, macOS
LicenzaGNU GPL v2[2] e GNU LGPL v2.1[3]
Webgit-scm.com

Emprégase máis para o desenvolvemento de software,[4] pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido,[5] manter a integridade dos datos,[6] e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais[7].

Git creouno Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do kernel de Linux, e coa axuda no inicio doutros desenvolvedores do kernel[8]. O actual administrador de git é Junio Hamano.

Como todos os sistemas de control de versións distribuídos, e ao contrario dos sistemas cliente-servidor, cada cartafol de git de cada nó[9] é un repositorio co historial ao completo, cheo de capacidades de trazado de versións e independente do acceso a unha rede ou un servidor central[10].

Ao igual que o kernel de Linux, Git é software libre. Distribúese baixo os termos da GNU General Public License versión 2.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Gráfico de commits". Github. 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  2. "Git's GPL license at github.com". github.com. 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 October 2014. 
  3. "Licenza LGPL de Git en github.com". github.com. 20 de maio de 2011. Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  4. Scopatz, Anthony; Huff, Kathryn D. (2015). Effective Computation in Physics. O'Reilly Media, Inc. p. 351. ISBN 9781491901595. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  5. Torvalds, Linus (7 de abril de 2005). "Re: Kernel SCM saga..".  "Así que estou a escribir scripts para seguir os cambios das cousas moito máis rápido."
  6. Torvalds, Linus (10 de xuño de 2007). "Re: fatal: serious inflate inconsistency". 
  7. Linus Torvalds (3 de maio de 2007). "Relatorio de Google tech: Linus Torvalds sobre git". Escena en 02:30. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  8. "A Short History of Git". Pro Git (2nd ed.). Apress. 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2017. 
  9. Cada un dos puntos, ou réplicas, dun mesmo proxecto xestionado co sistema de control de versións. Isto é, a "copia" local sobre da que traballa unha persoa soa e fai cambios ao seu gusto.
  10. Chacon, Scott (24 de decembro de 2014). Pro Git (2nd ed.). Nova York, NY: Apress. pp. 29–30. ISBN 978-1-4842-0077-3. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.