Giovanni Battista Sammartini

compositor italiano

Giovanni Battista Sammartini, nado en Milán cara a 1700 ou 1701 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1775, foi un organista e compositor italiano.

Giovanni Battista Sammartini
Giovanni Battista Sammartini, portrait by Riccardi (detail).jpg
Nacemento1700
 Milán
Falecemento15 de xaneiro de 1775
 Milán
NacionalidadeDucado de Milán
Ocupacióncompositor, organista, director de orquestra, musicólogo, profesor de música e Mestre de capela
PaiAlexis Saint-Martin
IrmánsGiuseppe Sammartini
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun oboísta francés trasladado a Milano. O seu irmán Giuseppe Sammartini era oboísta e tamén compositor.

Organista na Sant'Ambrogio de Milán e noutras igrexas, xogou un papel de primeiro plano na vida musical milanesa. Tivo como discípulo a Christoph Willibald Gluck e influíu en Mozart.

Compuxo música sacra, teatral e unha boa cantidade de música instrumental: sonatas, tríos, cuartetos, quintetos, concertos e sobre todo sinfonías, nas que anticiparía a forma que se desenvolvería no período clásico. Destas últimas foron rexistradas máis de setenta.

ObrasEditar

  • Óperas: Memet, drama en tres actos
  • Sonatas: para órgano, para violoncello, para violín, para frauta, sonatas para trio (por exemplo frauta, violín e baixo continuo)
  • Concertos: para violoncello e piccolo, para violín, para frauta
  • Sinfonías: unhas 70.