Gibson Guitar Corporation é unha fabricante estadounidense de instrumentos baseada en Nashville, Tennessee. Antigamente tiña a súa base en Kalamazoo, Míchigan e a súa produción céntrase sobre todo na fabricación de guitarras, que vende baixo o nome de varias marcas. Cunha historia de case un século, Gibson foi unha das compañías que revolucionou o desenvolvemento das guitarras acústicas e eléctricas, e ao longo da súa existencia ten construído algúns dos modelos máis emblemáticos, como a Gibson Les Paul. Moitos dos seus instrumentos continúan aumentando o seu valor, e algunhas Gibsons atópanse entre as guitarras máis coleccionadas.

Gibson Guitar Corporation
Gibson Logo and Guitar.jpg
GMFT0 Gibson Guitar Factory, Memphis.jpg
Tipoprivada
Fundación1896
LocalizaciónNashville, Tennessee Flag of the United States.svg
FundadorOrville Gibson
Industriainstrumentos musicais
Na rede
https://www.gibson.com/
Facebook: Gibson Twitter: gibsonguitar Instagram: gibsonguitar Youtube: UCfPWFpDpmnYO530l9ivmC6Q Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A compañía fundouna Orville Gibson, que fabricaba mandolinas en Kalamazoo a finais da década de 1890. Orville inventou as guitarras archtop usando guitars o mesmo tipo de tapa curvada que as que teñen os violíns. cara a década de 1930 a compañía fabricaba tamén guitarras de tapa chá, ademais de lanzar comercialmente a primeiraguitarra eléctrica de corpo oco, usada e popularizada por Charlie Christian. Gibson estivo á cabeza da innovación nas guitarras acústicas, especialmente na era das big bands dos anos 1930; a Gibson Super 400 foi amplamente imitada. A comezos dos anos 50 Gibson presentou a súa primeira guitarra eléctrica de corpo sólido, e en 1952 comezou a fabricar o seu modelo máis popular, a Les Paul, deseñada por Ted McCarty e Les Paul. Despois de ser vendida á corporación Norlin a finais dos 60, a calidade e a fortuna de Gibson comezou a baixar ata comezos de 1986, cando a compañía foi adquirida polos seus donos actuais. Gibson Guitar é unha corporación privada que pertence ao seu director executivo Henry Juszkiewicz e ao seu presidente David H. Berryman.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar