Ghouroub Edhilal
filme de 2014 dirixido por Mohammed Lakhdar-Hamina
Ghouroub Edhilal (en árabe: غروب الظلال) é un filme alxeriano de 2014 dirixido por Mohammed Lakhdar-Hamina. O filme foi escollido como candidato de Alxeria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Ghouroub Edhilal | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema dramático ![]() |
Lingua orixinal | lingua árabe ![]() |
Autoría | |
Director/a | Mohammed Lakhdar-Hamina ![]() |
Compositor/a | Vangelis ![]() |
Guionista | Mohammed Lakhdar-Hamina ![]() |
Director/a fotografía | Alessandro Pesci ![]() |
Actores
| |
Publicación | |
País orixe | Alxeria ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 54 minutos ![]() |
Premios | |
Nomeamentos
| |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Sinopse
editarA historia desenvólvese no contexto da guerra de Alxeria. Un comandante francés decidido, que cre que Alxeria pertence a Francia, debe tratar cun soldado que se rebela cando se lle pide que execute a un loitador pola liberdade alxeriana. O final desenvólvese no deserto abrasador mentres o soldado tenta fuxir.[2]
Personaxes
editar- Samir Boitard como Khaled
- Nicolas Bridet como Lambert
- Laurent Hennequin como comandante Saintenac
- Bernard Montiel como o mestre
- Mehdi Tahmi
- Merouane Mansouri
Notas
editar- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (9 de outubro de 2015). "81 Countries In Competition For 2015 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 9 de outubro de 2015.
- ↑ DIFF (ed.). "CRÉPUSCULE DES OMBRES (TWILIGHT OF SHADOWS )". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2015. Consultado o 9 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Alxeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Ghouroub Edhilal na IMDb (en inglés).