Abrir o menú principal

Ghost (filme de 1990)

Filme de 1990 dirixido por Jerry Zucker

Ghost é un filme estadounidense de drama romántico dirixido por Jerry Zucker que foi estreado en 1990.[2] Está protagonizado por Patrick Swayze, Demi Moore, Tony Goldwyn e Whoopi Goldberg. Foi escrito por Bruce Joel Rubin e o argumento céntrase na historia dunha moza nova (Moore), a pantasma do seu amante asasinado (Swayze) e unha mentalista (Goldberg).

Ghost
Ficha técnica
Título orixinalGhost
DirectorJerry Zucker
ProdutorLisa Weinstein
GuiónBruce Joel Rubin
IntérpretesPatrick Swayze
Demi Moore
Whoopi Goldberg
Tony Goldwyn
MúsicaMaurice Jarre
FotografíaAdam Greenberg
MontaxeWalter Murch
DistribuidoraParamount Pictures[1]
Estrea13 de xullo de 1990
Duración127 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, romántico
Orzamento$22 000 000
Recadación$505 700 000

O filme foi un gran éxito comercial, recadando máis de $505,7 millóns sobre un orzamento de $22 millóns.[3] Foi o meirande éxito cinematográfico de 1990.[4]

Foi nomeado a cinco Premios Óscar na 63ª edición dos premios, incluíndo mellor filme, mellor banda sonora e mellor montaxe. Gañou os premios de mellor actriz secundaria para Goldberg e mellor guión orixinal. Swayze e Moore recibiron nomeamentos ós Globos de Ouro polas súas interpretacións, e Goldberg gañou un BAFTA, un Globo de Ouro, e un Premio Saturn ademais do Óscar.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Cieply, Michael; Easton, Nina J. (11 de setembro de 1990). The Los Angeles Times, ed. "Paramount Reels in Power Struggle After Hits, Misses". Consultado o 8 de novembro de 2010. 
  2. Honeycutt, Kirk (13 de xullo de 1990). Los Angeles Times, ed. "Director Leaves Laughs Behind to Capture Spirit of 'Ghost' : Movies: A suspense drama about the afterlife is the last film you'd expect from Jerry Zucker, one of the crazy guys who dreamed up 'Airplane!'". Consultado o 8 de novembro de 2010. 
  3. Boxofficemojo.com (ed.). "Ghost (1990) - Box Office Mojo". Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  4. Boxofficemojo.com (ed.). "1990 Worldwide Grosses". Consultado o 15 de novembro de 2013. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar