Ghislaine Sathoud

escritora congolesa

Ghislaine Nelly Huguette Sathoud, nada en Pointe-Noire o 8 de abril de 1969, é unha escritora feminista da República do Congo.

Ghislaine Sathoud
Nome completoGhislaine Nelly Huguette Sathoud
Nacemento1969
Lugar de nacementoPointe-Noire
NacionalidadeRepública do Congo
Ocupaciónescritora
PaiVictor-Justin Sathoud
Na rede
Twitter: gsathoud Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla dunha enfermeira e de Victor Sathoud, quen ocupou varios cargos políticos.[1] En 1996 emigrou ao Canadá, e reside en Montreal. É membro de varias asociacións literarias, como Association des Ecrivains de Langue Française, Conseil International d'Etudes Francophones ou Union des Auteurs et Artistes Africains au Canada.[1] Foi unha das gañadoras do Premio Naji Naaman 2008 polo seu libro de relatos Les trésors du terroir.[2]

Fixo un mestrado en Relacións Internacionais e un mestrado en Ciencias Poíticas na Universidade do Québec.[1] En 2004 dirixiu un programa da cidade de Montreal como parte da preparación para a terceira vaga da cidadanía no futuro.En 2000 participou na Marcha Mundial das Mulleres coa súa obra The Evils of Silence. Traballou para a Alliance of Cultural Communities for Equality in Health and Social Services (ACCESS). Escribiu a obra Ici, ce n’est pas pareil chérie!, que serviu de plataforma para previr a violencia doméstica entre a poboación inmigrante.

Traballa en temática de xénero. En 2005 participou nun libro colectivo na Unión Africana e noutro publicado na Arxentina. En 20006 publicou o ensaio Women of Central Africa in Quebec. En 2007 participou no volume colectivo Imagine, French Without Borders, publicado pola editorial estadounidenseVista Higher Learning. En 2008, a International Baccalaureate Organization (IBO) publicou en formato CD-rom a obra Market of Hope.

Ten tres fillos e fillas. A súa filla Jessica, nada en 1997, publicou o libro Mes confidences.[1]

Obra editar

  • Rendez aux Africaines leur dignité (2011)[3]
  • L'Art de la maternité chez les Lumbu du Congo Musonfi (2008)[4]
  • L'amour en migration (2007)[5]
  • Le combat des femmes au Congo-Brazzaville (2007)[6]
  • Les femmes d’Afrique centrale au Québec (2006)[7]
  • Les Frères de Dieu (2006)[8]
  • Ici, ce n’est pas pareil chérie! (obra de teatro en DVD, 2005)
  • Hymne à la tolérance (2004)[1]
  • Itiana (2002)[1]
  • Les maux du silence (2000)[1]
  • Pleurs du cœur (1995)[1]
  • L’Ombre de Banda (1990)[1]
  • Poèmes de ma jeunesse (1988)[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Ghislaine Sathoud". Universidade de Australia Occidental. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  2. "Naji Naaman’s Literary Prizes 2008". Naji Naaman. Consultado o 15 de novembro de 2018. 
  3. "Rendez aux Africaines leur dignité". editions-harmattan.fr. Consultado o November 15, 2018. 
  4. "L'Art de la maternité chez les Lumbu du Congo Musonfi". editions-harmattan.fr. Consultado o November 15, 2018. 
  5. "« L’amour en migration », un roman de Ghislaine Nelly Huguette Sathoud". congopage.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2019. Consultado o November 15, 2018. 
  6. "Le combat des femmes au Congo-Brazzaville". editions-harmattan.fr. Consultado o November 15, 2018. 
  7. "Les femmes d’Afrique centrale au Québec". editions-harmattan.fr. Consultado o November 15, 2018. 
  8. "Les Frères de Dieu". editionsmelonic.com. Consultado o November 15, 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar