Ghena Dimitrova

Cantante lírica búlgara

Ghena Anastasija Macheva Dimitrova, coñecida artisticamente como Ghena Dimitrova (en búlgaro: Гена Димитрова), nada en Beglež o 6 de maio de 1941 e finada en Milán o 11 de xuño de 2005, foi unha soprano operística búlgara.

Ghena Dimitrova
Tosca - Dimtrova.jpg
Ghena Dimitrova, en Tosca
Nacemento6 de maio de 1941
Lugar de nacementoBeglež
Falecemento11 de xuño de 2005
Lugar de falecementoMilán
Causacancro
SoterradaCemitério Central de Sófia
NacionalidadeBulgaria
Alma máterNational Academy of Music
Ocupacióncantante e cantante de ópera
PremiosOrder of Stara Planina
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Despois de rematar os estudos no Conservatorio de Sofía, comezou a ensinar Canto. O seu debut chegaría o 27 de decembro de 1967, como Abigaille, no Nabucco, de Verdi, nunha produción da Ópera Nacional de Bulgaria, a raíz de que outras dúas sopranos se tivesen retirado. Nas primeiras gravacións, a voz de Dimitrova aínda non tiña acadado a súa distintiva grandeza, e en moitas das primeiras producións de Nabucco o derradeiro dó sobreagudo[1] opcional é omitido na parte da cabaletta (Salgo già del trono aurato), nota musical que si incluiría en épocas posteriores da súa carreira, de tal xeito que se chegaría a converter nun referente para futuras intérpretes desa aria.[2]

A súa voz de inmenso caudal fíxoa favorita de audiencias internacionais nos roles de Abigaille e Turandot (en Turandot, de Puccini), causando sensación con este rol en Treviso, en 1975.

Outros papeis importantes foron Floria Tosca, en Tosca, de Puccini; Odabella (en Attila), Giselda (en I Lombardi alla prima crociata), Alzira (en Alzira), Elisabeth de Valois (en Don Carlos), Leonora (en Oberto, Conte di San Bonifacio), Lady Macbeth (en Macbeth), Elvira (en Ernani), Aida, e tamén Amneris (en Aida), de Verdi; Maddalena, en Andrea Chénier, de Giordano; Santuzza, en Cavalleria rusticana, de Mascagni; e a Gioconda, en La Gioconda de Ponchielli.

Cantou principalmente en Italia destacándose na Scala de Milán, Xénova e na Arena de Verona onde foi favorita do público; tamén no Teatro Colón de Buenos Aires durante cinco anos consecutivos (1975-1979) con tardíos debuts en Viena (1978), Salzburgo (1984), Londres (1983) e Nova York(1987).

Considerada un heroína nacional no seu país, morreu en Milán aos 64 anos onde no seu momento se tiña perfeccionado con Gina Cigna.

Discografía de referenciaEditar

  • Puccini, Turandot. Arena de Verona, 1983 Dir.: Franco Zefferelli (DVD)
  • Puccini, Turandot. Teatro da Ópera de Xénova, 1980 Dir.: Daniel Oren
  • Verdi, Aida (Amneris). Teatro alla Scala, de Milán, 1985 Dir.: Lorin Maazel (DVD)
  • Verdi, I Lombardi alla prima crociata. Teatro alla Scala, de Milán, 1984 Dir.: Gianandrea Gavazzeni (DVD)
  • Verdi, Oberto, conde de San Bonifacio. Estudio 1 da Radio de Baviera (Múnic), 1983 Dir.: Lamberto Gardelli
  • Verdi, Nabucco. Arena de Verona, 1981 Dir.: Maurizio Arena (DVD)
  • Verdi, Nabucco. Teatro alla Scala, de Milán, 1985 Dir.: Riccardo Muti (DVD)
  • Verdi, Nabucco, Ópera Alemá de Berlín, 1983 Dir.: Giusseppe Sinopoli
  • Puccini e Verdi Opera Arias. Orquesta Philharmonia de Londres/Orquesta da Radio de Mónaco, 1984 Dir.: Anton Guadagno, Lamberto Gardelli

NotasEditar

  1. Nota que, na escala musical, corresponde á designada como 6 (segundo o Índice acústico internacional), ou como 5 (segundo o Índice acústico franco-belga)
  2. "Ghena Dimitrova". Opera Musica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar