Ghashiram Kotwal (filme)

filme de 1976 dirixido por K. Hariharan, Mani Kaul, Saeed Akhtar Mirza e Kamal Swaroop

Ghashiram Kotwal (en marathi: घासीराम कोतवाल) é un filme indio de 1976 en lingua marathi dirixido por K. Hariharan, Mani Kaul, Saeed Akhtar Mirza e Kamal Swaroop. É unha adaptación da obra homónima de Vijay Tendulkar, quen tamén escribiu o guión. Creado no apoxeo do movemento cinema paralelo na India, o filme foi un experimento na realización de filmes colectivas..[1] Foi producido por YUKT Film Cooperative, un colectivo de dezaseis membros composto na súa maioría por graduados da Film and Television Institute of India. O papel protagonista que dá título ao filme foi interpretado por Om Puri, na súa primeira aparición nunha longametraxe. A toma final do filme ten unha duración de máis de dez minutos. Segundo K. Hariharan, un dos catro directores, esta toma é única na historia do cinema por ser "a toma máis longa do mundo nun carrete estándar de 1000 pés en ser filmada por catro operadores de cámara".[1]

Ghashiram Kotwal
Ficha técnica
Título orixinalघासीराम कोतवाल
DirectorK. Hariharan
Mani Kaul
Saeed Akhtar Mirza
Kamal Swaroop
ProdutorYUKT Film Cooperative
GuiónVijay Tendulkar
Baseado enGhashiram Kotwal de Vijay Tendulkar
IntérpretesMohan Agashe
Om Puri
MúsicaBhaskar Chandavarkar
FotografíaRajesh Joshi
Binod Pradhan
Manmohan Singh
EstreaIndia 1976
Galicia 13 de abril de 2021 (CGAI)
Duración108 minutos
OrixeIndia India
Orzamento1 050 000 rupias
Na rede
IMDB: tt0137685 Filmaffinity: 498949 Editar o valor en Wikidata

Estreouse subtitulado en galego o 13 de abril de 2021, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).[2]

Personaxes

editar
  1. 1,0 1,1 "GHASHIRAM KOTWAL (Dir. K. Hariharan, Mani Kaul, Kamal Swaroop, Saeed Mirza, 1976, India) – Experiments in Time & Space". moviemahal.net. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2018. 
  2. cgai.xunta.gal (ed.). "Ghashiram Kotwal no Centro Galego de Artes da Imaxe". Consultado o 11 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar