Ghaleb Jaber Ibrahim

Médico e empresario palestino asentado en Santiago de Compostela

Ghaleb Jaber Ibrahim, nado en Ainablus (Nablus) en 1950, é un médico e empresario palestino asentado en Santiago de Compostela. É propietario do hotel Araguaney e da produtora de televisión CTV, responsable de programas como o Supermartes e da produción do telefilme Novo de Parmuíde.

Modelo:BiografíaGhaleb Jaber Ibrahim
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Nablus, Estado de Palestina Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3410069 BNE: XX975691 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Ghaled Jaber vivía como agricultor en Cisxordania, fillo dun militar do exército xordano. Durante a guerra dos Seis Días, con 17 anos, emigrou coa súa familia, cruzando o río Xordán. Trala súa chegada a Compostela, comezou a estudar Medicina na USC, rematando seis anos despois. Completou a súa formación cun máster en Dirección de Empresas e un doutoramento en Xornalismo.

A súa dona, Regina, é filla dun rico emigrante galego en Venezuela. Trala morte do seu sogro, herdou a súa fortuna. Teñen cinco fillos.

En abril de 1984 constituíu a Fundación A­raguaney, da que é presidente. Publicou dous libros en castelán: Palestina, crónica de una injusticia (Ir Indo, 2002) e Génesis de Israel (2004).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar