Ghada Shouaa

atleta siria

Ghada Shouaa (en árabe: غادة شعاع), nada en Mhardeh o 10 de setembro de 1972, é unha ex-heptatleta siria. Nos Xogos Olímpicos de 1996 pasou á historia como a primeira e única deportista siria en gañar unha medalla de ouro olímpica.

Infotaula de personaGhada Shouaa
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Mharda, Siria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSiria Editar o valor em Wikidata
Altura187 cm Editar o valor em Wikidata
Peso63 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaÁrabe Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaHéptatlon Editar o valor em Wikidata
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

Páxina webshouaa.com Editar o valor em Wikidata
IAAF: 14302590 Olympic.org: ghada-shouaa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacida na pequena cidade siria de Mahardah na gobernación de Hama, o primeiro deporte que practicou foi o baloncesto.[1] Xogou varios anos na selección siria, pero despois decidiu competir en atletismo. Fixo o seu primeiro héptatlon en 1991, e rapidamente conseguiu a clasificación para o Campionato do Mundo de 1991 en Toquio, onde quedou en última posición.[1] Concluíu a súa primeira tempada de atletismo cunha medalla de prata nos campionatos asiáticos.

Ao ano seguinte participou por primeira vez nuns Xogos Olímpicos, en Barcelona, onde competiu lesionada e finalizou na 25ª posición. A súa explosión non chegou até 1995, cando gañou o importante meeting de Götzis, cunha marca de 6715 puntos. Isto colocouna como unha das favoritas no Mundial de 1995, celebrado en Gotemburgo. Despois de que a outra favorita, Sabine Braun, caese lesionada, Shouaa gañou o título cunha marxe cómoda.[1]

A tempada seguinte gañou de novo o meeting de Götzis, establecendo, con 6942 puntos, un récord asiático que aínda non foi superado. Nos Xogos Olímpicos de Atlanta, tres meses despois, confirmou a súa condición de mellor heptatleta do momento, gañando a primeira e única medalla de ouro olímpica da historia de Siria.[1] Ao seu regreso a Siria foi recibida en Damasco por máis de 100.000 persoas.[2]

Unha grave lesión arruinou a súa seguinte tempada, e non puido repoñerse totalemente ata 1999, cando quedou terceira no Campionato do Mundo por detrás de Eunice Barber.[1] Shouaa intentou defender o seu título olímpico en Sydney 2000, pero volveuse lesionar e nin sequera rematou a primeira proba.[1] Despois desta decepción, decidiu retirarse do atletismo.

Durante unha visita a Siria en 2013 ou 2014 en plena guerra civil, Shouaa apareceu nunha imaxe cunha metralleta pesada mentres acompañaba ás Forzas de Defensa Nacional, unha rama das Forzas Armadas Sirias, e deu o seu apoio ao Exército Árabe Sirio.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Ghada Shouaa". damascus-online.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  2. "La Syrienne Ghada Shouaa, reine oubliée de l’heptathlon". Le Monde (en francés). 4 de agosto de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2021. 
  3. "بعد أن " طفشها " نظام الأسد .. غادة شعاع تتحول من بطلة أولمبية إلى " رامية دوشكا " في الدفاع الوطني ( صور )". aksalser.com (en árabe). Consultado o 27 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar