Gertrud Woker

química suiza

Gertrud Johanna Woker, nada o 16 de decembro de 1878 en Berna e finada o 13 de setembro de 1968 en Marin-Epagnier, foi unha química suíza, feminista e pacifista.

Infotaula de personaGertrud Woker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1878 Editar o valor em Wikidata
Berna, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Marin-Epagnier, Suíza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
PaiPhilipp Woker Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu avó e o seu pai maternos foron profesores de teoloxía e historia, respectivamente, na Universidade de Berna. Entre 1898 e 1900 fixo cursos como mestra. Entre 19000 e 1903 realizou cursos de bioloxía e química na Universidade de Berna.[1] Doutorouse en 1903, sendo a primeira muller suíza en doutorarse nesta universidade, baixo a dirección de Stanislaus von Konstanecki (1860-1910) cunha tese sobre a síntese de 3,4-dioxiflavonas.[2][3] Máis tarde ampliou a súa formación entre 1903 e 1905 na Universidade de Berlín, onde realizou cursos de química con Jacobus van't Hoff (1852-1911), e de bioquímica e farmacia con Hermann Thoms (1859-1931).[1]

De volta en Berna, traballou con Konstanecki sintetizando flavonas. Máis tarde, por invitación de Sahli, comezou a realizar investigacións fisicoquímicas na Clínica Médica de Berna. Decidiu ingresar na docencia universitaria, e leu na Facultade de Filosofía en 1907 a tese "Probleme der katalytischen Forschnng" (publicada en Leipzig, 1907).[3]

Woker especializouse en catálise. Entre 1910 e 1933 escribiu catro volumes na serie Die Katalyse: Die Rolle der Katalyse in der Analytischen Chemie, publicada en Stuttgart. Durante a década de 1920 estudou bioquímica, como os efectos de certos compostos químicos no corpo humano e compostos naturais usados como drogas. En 1933 obtivo unha cátedra na Universidade de Berna. O seu último traballo foi a publicación en dous volumes entre 1953 e 1956 de Die Chemie der natürlichen Alkaloide.[1]

Woker foi unha membro activa da organización que finalmente formaría a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade (WILPF). No seu congreso fundacional na Haia en 1915, durante a primeira guerra mundial, a organización elaborou unha lista de 20 resolucións pedindo ás nacións en guerra que depoñan as armas e busquen medios pacíficos para resolver as súas diferenzas. As resolucións tamén pedían o desarme e a igualdade de dereitos das mulleres. Woker foi o responsable de facer chegar a mensaxe ao goberno suízo. As resolucións chegaron ao presidente dos Estados Unidos, Woodrow Wilson, quen as utilizou para redactar as súas propostas de paz (os "catorce puntos "). Despois da guerra, a WILPF continuou facendo campaña enérxica contra o uso de gas velenoso na guerra, e Woker, coa súa experiencia en toxicoloxía, xunto coa súa capacidade para explicar problemas complexos ao público, foi a súa vangarda. En 1924, Woker cofundou o Comité Internacional contra a Ciencia da Guerra. Nese mesmo ano publicou un folleto titulado The Next War, a poison gas war, no que se expuñan os diferentes tipos de gas que se podían empregar na guerra, explicaba como se podían distribuír e describía con vivacidade os seus horribles impactos nas súas vítimas.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Vogt, Annette B. Gertrud Johanna Woker (1878–1968) (en inglés). John Wiley & Sons, Ltd. p. 65–67. ISBN 978-3-527-63645-7. doi:10.1002/9783527636457.ch17. 
  2. Woker, Gertrud; Kostanecki, St v; Tambor, J. (1903). "Synthesen des 3.4-Dioxyflavons". Berichte der deutschen chemischen Gesellschaft (en inglés) 36 (4): 4235–4244. ISSN 1099-0682. doi:10.1002/cber.19030360497. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Oesper, Ralph E. (1953-09-01). "Journal of chemical education : owned and published by the Division of Chemical Education of the American Chemical Society". Journal of Chemical Education 30 (9): 435. ISSN 0021-9584. doi:10.1021/ed030p435. 
  4. Women in science. LU: Publications Office. 2009. doi:10.2777/41595. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar