Abrir o menú principal

Germán Sierra Paredes

bioquímico e novelista galego

Germán Sierra Paredes, nado na Coruña o 1 de novembro de 1960[1], é un bioquímico e novelista galego en lingua castelá.

Germán Sierra Paredes
Nacemento1 de novembro de 1960
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e bioquímico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É fillo de Marina Paredes Pérez[2] e do bioquímico[3] Germán Sierra Marcuño.[4] Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa dende 1989 (no departamento de Bioquímica e Bioloxía molecular)[5].

Publicou en revistas científicas[6] e culturais, como Revista das letras, Letras libres ou Quimera (onde asinaba co alcume "Wireless"). Como novelista, a súa obra enmárcase dentro da chama Generación Nocilla[7] da Literatura española.

É un dos autores antologados por Sergi Bellver na obra Madrid, Nebraska. EE.UU en el relato español del siglo XXI (Bartleby, 2014)[8].

ObraEditar

  • El espacio aparentemente perdido (Debate, 1996)
  • La felicidad no da el dinero (novela; Debate, 1999)
  • Efectos secundarios (Debate, 2000)
  • Alto voltaje (2004)
  • Intente usar otras palabras (Mondadori, 2009)
  • Standards (Pálido Fuego, 2013)

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar