Gerardo Iglesias
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Gerardo Iglesias Argüelles, nado en La Cerezal (Mieres, Asturias) o 29 de xuño de 1940, é un político español, actualmente retirado.
Nome orixinal | (es) Gerardo Iglesias Argüelles |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de xuño de 1945 (79 anos) La Cerezal, España (mul) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Coordinador xeral de Esquerda Unida | |
1986 – 1989 – Julio Anguita → | |
Secretario xeral do Partido Comunista de España | |
10 de decembro de 1982 – 21 de febreiro de 1988 ← Santiago Carrillo Solares – Julio Anguita → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | sindicalista , político , mineiro |
Partido político | Partido Comunista de España Izquierda Unida |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
De familia antifranquista comprometida, durante os anos 1950, sendo aínda un cativo, tivo que asistir a como a Garda civil torturaba o seu pai por apoiar os maquis.
Vida política
editarAfiliouse á Xuventude Comunista con apenas 16 anos, en 1961, pasando logo a militar no Partido Comunista de España (PCE), colaborou coa formación das Comisións Obreiras, polo que sería encarcerado en varias ocasións durante o réxime franquista.
A primeira destas detencións tivo lugar no 1962 co gallo da gran folga mineira en Asturias. Ao ano seguinte, sería elixido membro do Comité Central do PCE de Asturias
No 1966 xunto con outros membros de CCOO foi detido e condenado a 4 anos e 6 meses de cárcere. No 1973 foi elixido membro do Comité Federal do PCE, e posteriormente foi detido novamente, pasando un ano no cárcere.
Na Asemblea Xeral de Barcelona, no 1976 resultou elixido secretario xeral de CCOO en Asturias. Dous anos despois, na III Conferencia Rexional, foi elixido secretario xeral do PCA. Foi reelixido membro do Comité Federal do PCE no IX Congreso, pasando a formar parte do Comité Executivo do dito partido.
Ao longo dos anos 80, produciuse no seo do PCE o enfrontamento entre os sectores eurocomunistas, liderado polo secretario xeral Santiago Carrillo, e o sector renovador, ao que pertencían entre outros Gerardo Iglesias e Dolores Ibárruri. Como resultado deste enfrontamento, Santiago Carrillo dimitiu en novembro do 1982, sucendéndoo no cargo Gerardo Iglesias, representando así o fracaso da liña eurocomunista que culminaría coa expulsión de Santiago Carrillo no 1985.
Como secretario xeral do PCE, promoveu, a partir da plataforma anti-OTAN, a creación de Izquierda Unida no 1986, da que foi primeiro Coordinador Xeral. Nas eleccións xerais dese ano foi candidato á presidencia do goberno, sendo elixido deputado por Madrid.
No XII Congreso do PCE (1988), renunciou á secretaría xeral, sucedéndoo no cargo Julio Anguita. Tras isto, retirouse completamente da vida política para volver a traballar na conca mineira asturiana.
En setembro de 2011 Gerardo Iglesias publicou o seu primeiro libro, Por qué estorba la memoria, editado por Madera Noruega Editores. Nel, Iglesias realiza un percorrido pola historia dos maquis en Asturias durante a Guerra Civil e ata que morre o derradeiro dos guerrilleiros acosado no monte. Son 22 relatos reais e desgarradores sobre os maquis asturianos e as súas familias e unha alegación contra o esquecemento no que non faltan críticas aos dirixentes do PCE, entón no exilio, nin aos políticos actuais.
Predecesor: Santiago Carrillo |
Secretario Xeral do PCE 1982 - 1988 |
Sucesor: Julio Anguita |
Predecesor: Fundación de IU |
Coordinador Xeral de IU 1986 - 1988 |
Sucesor: Julio Anguita |
Obras
editar- Por qué estorba la memoria (2011)