Gerald Vanenburg

futbolista neerlandés
(Redirección desde «Gerald Mervin Vanenburg»)

Gerald Mervin Vanenburg, nado en Utrecht o 5 de marzo de 1964, é un exfutbolista neerlandés que xogaba como extremo dereito. Desenvolveu a maior parte da súa carreira entre o Ajax e o PSV, gañando 15 títulos, entre eles a Copa de Europa na tempada 1987/88. Marcou 112 goles en 372 partidos da Eredivisie. Posteriormente xogou no Xapón, en Francia e Alemaña, retirándose no 2000, despois de 20 anos como profesional.

Gerald Vanenburg
Información persoal
Nome Gerald Mervin Vanenburg
Nacemento 5 de marzo de 1964
Lugar de nacemento Utrecht
Altura 1,72 m.
Posición Extremo dereito
Carreira xuvenil
Sterrewijk
Elinkwijk
Ajax
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1980–1986 Ajax 173 (64)
1986–1993 PSV 199 (48)
1993–1996 Júbilo Iwata 86 (14)
1997 Utrecht 9 (2)
1997–1998 Cannes 26 (6)
1998–2000 1860 Munich 43 (2)
Total 536 (136)
Selección nacional
1982–1992 Baixos 42 (1)
Adestrador
2004 1860 Munich
2006–2007 Helmond Sport
2008 FC Eindhoven
Na rede
FIFA: 44724 UEFA: 114 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi 40 veces internacional coa selección dos Países Baixos, coa que disputou o Mundial de 1990 e a Eurocopa de 1988, gañando esta última.

Traxectoria editar

Como xogador editar

Ajax editar

Formouse como futbolista na canteira do Ajax e debutou co primeiro equipo na Eredivisie exactamente un mes despois do seu 17 aniversario, ante o ADO Den Haag. Rematou a súa primeira tempada con 11 partidos e tres goles e pouco despois fíxose coa titularidade, proporcionando numerosas asistencias aos dianteiros Marco van Basten e Wim Kieft. Nas tempadas 1981/82 e 1982/83 gañou dúas ligas consecutivas, sumando 30 goles entre ambas. Gañou unha terceira liga na tempada 1984/85 e deixou o club un ano despois, tras 209 partidos e 72 goles.[1]

PSV editar

Para a tempada 1986/87 fichou polo PSV Eindhoven. Marcou 9 goles en 34 partidos na súa primeira tempada, que concluíu coa conquista da liga. Formou parte do equipo que gañou un histórico triplete na campaña seguinte, ao conquistar a Eredivisie, a Copa dos Países Baixos e a Copa de Europa. Foi titular na final europea ante o Benfica en Stuttgart e converteu con éxito o seu lanzamento na quenda de penaltis que decidiu o título.[2] A columna vertebral do equipo gañador do triplete estaba formada por moitos dos seus antigos compañeiros no Ajax, como Frank Arnesen, Kieft, Ronald Koeman e Søren Lerby.

Tras rexeitar un lucrativo pase á Roma, continuou cinco tempadas máis no PSV, gañando outras tres ligas e dúas Copas. Xogou un total de 259 partidos co club de Eindhoven e marcou 66 goles.

No estranxeiro editar

Aos 29 anos deixou o seu país e puxo rumbo ao Xapón, onde fichou polo Júbilo Iwata. Na súa primeira tempada logrou o ascenso á J1 League e seguiu xogando outras dúas tempadas máis en Iwata. En 1997 xogou no FC Utrecht da súa cidade natal, rematando a liga na 12ª posición.

Posteriormente xogou no AS Cannes de Francia e no TSV 1860 Munich de Alemaña, ata a súa retirada no 2000, aos 36 anos de idade.

Selección nacional editar

Foi 42 veces internacional coa selección dos Países Baixos, coa que debutou o 14 de abril de 1982 con só 18 anos, xogando os 90 minutos nunha vitoria por 1-0 sobre Grecia en Eindhoven.[3] Un ano despois participou coa selección xuvenil na Copa do Mundo da categoría, celebrada en México, e foi elixido no once ideal do torneo.

Foi convocado por Rinus Michels para a Eurocopa de 1988 en Alemaña Occidental, onde foi titular en todos os partidos, incluída a final que o seu equipo gañou diante da Unión Soviética.[4] Dous anos máis tarde foi convocado por Leo Beenhakker para o Mundial de 1990. Con todo, só disputou 45 minutos no torneo, no empate a un gol con Exipto.[5] Xogou o seu último encontro internacional ante Polonia o 14 de outubro de 1992, en Rotterdam nun partido de clasificación para o Mundial de 1994.[3]

Como adestrador editar

Despois de deixar o TSV 1860 Munich regresou ao PSV, onde foi nomeado adestrador do equipo xuvenil. En 2004 dirixiu durante tres meses tamén o TSV, co que acabou descendendo dende a Bundesliga á 2. Bundesliga.

Na tempada 2006/07 pasou polo banco do Helmond Sport da Eerste Divisie, ata que foi despedido o 17 de febreiro de 2007. En 2008 adestrou outro club da mesma categoría, o FC Eindhoven.

Vida persoal editar

É sobriño do exfutbolista e adestrador Roy Vanenburg, internacional coa selección de Suriname e considerado como un dos mellores futbolistas da historia do país caribeño.[6][7]

Palmarés editar

Ajax

PSV

Países Baixos

Individual

Notas editar

  1. "Gerald Mervin Vanenburg (1964)" (en neerlandés). 5 de xuño de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  2. "Eindhoven prosper from Oranje boom". UEFA (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Gerald Vanenburg - International Appearances". rsssf.org/ (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  4. "Van Basten volley crowns Netherlands' EURO 1988 final win against USSR". UEFA (en inglés). 5 de outubro de 2003. Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  5. "NETHERLANDS - EGYPT". planetworldcup.com (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  6. Porskamp, Sam (1 de agosto de 2014). "Ajax en Suriname: twee handen op één buik" (en neerlandés). Consultado o 8 de novembro de 2022. 
  7. "Vanenburg, Roy;" (en neerlandés). Consultado o 8 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar