George Thornycroft Sassoon, nado o 30 de outubro de 1936 e finado o 8 de marzo de 2006, foi un científico, enxeñeiro electrónico, lingüista, tradutor e autor británico.

Infotaula de personaGeorge Sassoon
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 2006 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College (pt) Traducir
Greenways School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , científico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAlison Smeall (en) Traducir (1994–)
Susan Christian-Howard (en) Traducir (1975–)
Marguerite Dicks (en) Traducir (1961–)
Stephanie Munro (en) Traducir (1955–) Editar o valor em Wikidata
FillosIsobel Sassoon (en) Traducir
 () Susan Christian-Howard (en) Traducir
Tom Sassoon (en) Traducir
 () Susan Christian-Howard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSiegfried Sassoon Editar o valor em Wikidata  e Hester Gatty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Sassoon-1

Traxectoria editar

Vida temperá editar

Sassoon era o único fillo do poeta Siegfried Sassoon e Hester Gatty. Naceu en Londres, onde os seus pais alugaran unha casa, e foi bautizado en St Martin-in-the-Fields. [1]

Ao mes de nacer, o seu pai escribiu en broma a Max Beerbohm: "Pregúntome se el se converterá en primeiro ministro, poeta laureado, arcebispo de Canterbury ou simplemente editor de The Times Literary Supplement? Ou Mestre de The Quorn? Ou simplemente escudeiro de Heytesbury?" [2]

En 1947, os pais de separáronse, e el pasou boa parte da súa infancia coa súa nai en Ben Buie, na illa escocesa de Mull, onde lle axudou a dirixir unha granxa de ovellas. Entre outros lugares, estudou no King's College de Cambridge.

Carreira editar

Destacou pola súa gran capacidade lingüística, aprendendo idiomas como o serbocroata, o hebreo, o arameo e o klingon. Investigou fenómenos do espazo exterior e escribiu dous libros sobre hipotéticas visitas extraterrestres.

Entre as afeccións de Sasson estaben a interpretación do piano-acordeón, o crícket, as antípodas e a radio-amateur (o seu distintivo era GM3JZK).

Vida persoal editar

Despois da morte do seu pai, Sassoon herdou a gran casa de campo de Heytesbury en Wiltshire. Atopouno moi descoidado, traballou para restaurala, e loitou sen éxito para evitar que unha circunvalación pasase polo parque da casa; no proceso, vendeu moitos dos papeis orixinais do seu pai para recadar fondos. A parte sur do parque foi expropiada en 1985 , separando a casa do seu campo de crícket. Vendeu a casa en 1996 tras un incendio[3] e trasladouse a unha propiedade menor na aldea de Sutton Veny.

Sassoon casou catro veces: con Stephanie Munro, en Inverness en 1955 (disolto en 1961); con Marguerite Dicks en 1961 (disolto en 1974); con Susan Christian-Howard en 1975 (disolto en 1982); e, por último, Alison Pulvertaft en 1994.[4]

A filla de George polo seu primeiro matrimonio, Kendall Sassoon, naceu pouco despois de que os seus pais se separasen.[5] Ela é a Patroa Xefa da Siegfried Sassoon Fellowship.[6]

A filla e o fillo de George polo seu terceiro matrimonio, Isobel (nada en 1976) e Thomas (nado en 1978), morreron ambos nun accidente de tráfico en Somerset, en 1996. Sassoon morreu en Wiltshire dez anos despois, aos 69 anos, de cancro[7]. O seu corpo foi enterrado na Illa de Mull nas Hébridas Interiores de Escocia.

Obra editar

  • The Manna-Machine (1978)
  • The Kabbalah Decoded (1978)
  • The Radio Hacker's Codebook, Duckworth, Londres, Reino Unido, ISBN 0-7156-2068-1 (1986)

Notas editar

  1. Wilson 2003, p. 298.
  2. Ian Sansom, The Truth About Babies: From A-Z (2003) p. 6 at books.google.com
  3. "Selected Projects; Heytsbury". sabredevelopments.biz. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  4. "Obituario de George Sassoon". independent.co.uk. Consultado o 4 de xuño de 2020. 
  5. Irene McCready, "An Interview with Stephanie Redmile-Carter", Siegfried's Journal, nº 22 (Verán 2012), pp6-10
  6. "Sasoon Fellowship". sassoonfellowship.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  7. "Deaths England and Wales 1984-2006". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2015. Consultado o 06 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar