George Hadley
xurista británico
George Hadley, nado en Londres o 12 de febreiro de 1685 e finado en Flitton o 28 de xuño de 1768, foi un avogado e meteorólogo inglés. Descubriu a célula de Hadley. Foi o irmán menor do matemático e inventor John Hadley. Asistiu á Universidade de Oxford, e máis tarde foi o responsábel das observacións meteorolóxicas da Royal Society de Londres. Unha das células de circulación atmosférica leva o seu nome: célula de Hadley.
George Hadley | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1685 |
Londres | |
Falecemento | 28 de xuño de 1768 |
Flitton | |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Alma máter | Pembroke College |
Ocupación | avogado, físico e meteorólogo |
Premios | membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |