George Everest
George Everest, nado o 4 de xullo de 1790 e finado o 1 de decembro de 1866, foi un xeógrafo e topógrafo galés, responsábel xeral da topografía da India dende o ano 1830 até 1843, concretamente de completar o estudo topográfico da sección trigonométrica ao longo do arco meridiano desde o sur da India estendéndose ao norte até Nepal, unha distancia aproximada de 2.400 quilómetros. O traballo comezárao William Lambton en 1802 e foi finalizado case a finais do século XIX.
George Everest | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de xullo de 1790 |
Crickhowell e Greenwich | |
Falecemento | 1 de decembro de 1866 |
Hyde Park Gardens | |
Soterrado | St Andrew's Church, Church Road, Hove |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Royal Military Academy |
Ocupación | explorador e xeógrafo |
Premios | Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Irmandade da Real Sociedade Geográfica e Knight Bachelor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Everest (homónimos).