George E. Fox

biólogo estadounidense

George Edward Fox, nado o 17 de decembro de 1945, é un investigador estadounidense da Universidade de Houston (Texas).

Infotaula de personaGeorge E. Fox

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrobiólogo , bacteriólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Houston Editar o valor em Wikidata
Membro de

Traxectoria editar

Fox recibiu a súa licenciatura en 1967 e alcanzou o doutoramento en 1974 en enxeñaría química, ambas as titulacións na Universidade de Siracusa (Nova York). Desde 1973 até 1977 foi investigador asociado de Carl Woese na Universidade de Illinois e, despois, profesor adxunto de Bioquímica e Ciencias Biofísicas na Universidade de Houston.

Na década de 1970, con Carl Woese, foi o primeiro científico en clasificar as arqueas como un dominio separado da vida dentro do sistema de tres dominios. Fox e Woese tamén introduciron a idea do proxenota como entidade primordial na evolución da vida. Con Woese, foi pioneiro no uso de análises comparativas na predición da estrutura secundaria do ARN. Usando análises comparativas, tamén recoñeceu as limitacións que as secuencias de ARN poderían subministrar a identificación echamente* relacionadas con especies estreitamente relacionadas.

Actualmente as súas investigacións céntranse en comprender a evolución temperá da vida. Fox sostén que un dos primeiros compoñentes da maquinaria xenética para é o ribosoma. A súa investigación está relacionada activamente na busca de indicios de vida (biosinaturas) en Marte.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fox, G. & Woese, C. (1975): "5S rRNA Secondary Structure." Nature 256: 505‑507.
  • Fox, G.; Wisotzkey, J. & Jurtshuk, P. (1992): "How close is close:16S rRNA sequence identity may not be sufficient to guarantee species identity." Int J Syst Bacteriol 42: 166-160.
  • Woese, C. & Fox, G. (1977): "Phylogenetic structure of the prokaryotic domain: the primary kingdoms." Proc Natl Acad Sci U S A 74 (11): 5088-90. doi 10.1073/pnas.74.11.5088
  • Woese, C.; Magrum, L. & Fox, G. (1978): "Archaebacteria". J Mol Evol 11 (3): 245-51. doi 10.1007/BF01734485

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar