Nathan Birnbaum, nado en Nova York o 20 de xaneiro de 1896 e finado en Beverly Hills (California) o 9 de marzo de 1996, foi un cómico, actor e guionista estadounidense, coñecido como George Burns.

Infotaula de personaGeorge Burns

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nathan Birnbaum Editar o valor em Wikidata
20 de xaneiro de 1896 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 1996 Editar o valor em Wikidata (100 anos)
Beverly Hills (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista , actor de cinema , actor , actor de televisión , escritor , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1902 Editar o valor em Wikidata - 1996 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica country Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalGracie Allen: Burns and Allen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGracie Allen (1926–1964) Editar o valor em Wikidata
FillosRonnie Burns (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgeorgeburns.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0122675 Allocine: 2056 Allmovie: p9701 TV.com: people/george-burns IBDB: 33753
Musicbrainz: 7fb54851-cd24-4cd5-9fac-19e2dec73be1 Songkick: 42476 Discogs: 336326 WikiTree: Birnbaum-117 Find a Grave: 150 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Burns foi o noveno dos doce fillos de Louis "Lippe" Birnbaum e Dorah Bluth, inmigrantes xudeus procedentes de Romanía.[1] O seu pai foi cantor substituto na sinagoga local, mais o seu emprego era o de pasador de abrigos. Durante a epidemia de gripe de 1903 contraeu a enfermidade e morreu aos 47 anos. O mozo Burns tivo entón que traballar para axudar a súa familia limpando zapatos, facendo recados e vendendo xornais.

Como el mesmo contou foi "descoberto" aos sete anos cando traballaba facendo xarope nunha tenda de lambetadas.[2]

A súa primeira dona foi Hannah Siegel. O matrimonio, nunca consumado durou 26 semanas e ocorreu porque a familia dela non a deixaría ir de xira se non casaban. Divorciáronse cando acabou a xira.

Normalmente actuaba cunha rapaza e parecía ter habilidade para a comedia, pero nunca conxeniou cunha das súas parellas ata que coñeceu unha moza irlandesa católica en 1923. "E todo sucedeu", dixo anos despois, "o público deuse de conta de que eu tiña talento. Tiñan razón. Tiña un talento… e estiven casado con ela durante 38 anos".[3] Gracie Allen, que comezara no vodevil en 1909 e tras coñecer a Burns comezaron como dúo cómico e casaron en 1926.[4] Burns escribía os seus propios guións, aínda que poucas veces aparecía acreditado, e a mesma tarefa faría no cinema, na radio e finalmente na televisión, primeiro só e logo co seu irmán Willie e un equipo de guionistas.

Burns e Allen comezaron no cinema cunha serie de curtametraxes cómicas a finais da décad de 1930 e en 1932 conseguiron o seu propio programa de radio. Pasaron logo á televisión, con The George Burns and Gracie Allen Show, que durou desde 1950 ata 1958, cando Burns aceptou a xubilación de Allen. Tras unha longa batalla cunha doenza cardíaca, Gracie faleceu o 27 de agosto de 1964 vítima dun ataque ao corazón.

Trala morte da súa esposa, Burns centrouse no traballo. En 1974 Jack Benny fichou para interpretar un dos protagonistas de The Sunshine Boys, baseado nunha obra de teatro de Neil Simon. Porén a saúde de Benny comezaba a decaer e pediu ao seu representante que recomendase ao seu amigo Burns para substituílo. Burns aceptou o traballo e finalmente gañou o Oscar ao mellor actor secundario. Nese momento converteuse na persoa de máis idade en gañar o premio.

En 1977 interpretou a Deus no éxito Oh, God!, con John Denver e en 1984 apareceu na portada de Penthouse con Vanessa Williams. Burns seguiu traballando ben cumpridos os noventa anos.

En xullo de 1994 sufriu unha ferida na cabeza ao caerse da bañeira, da que nunca se acabou de recuperar. En decembro de 1995 estaba ben abondo para asistir a unha festa de Nadal organizada por Frank Sinatra, mais na festa colleu unha gripe que o debilitou aínda máis. O 20 de xaneiro de 1996 estaba feble de máis para asistir ás celebracións polo seu centenario, mais bromeou con que o que quería para este día sería "unha noite con Sharon Stone". Faleceu 49 días máis tarde e foi enterrado con Gracie Allen. Na cripta escribiron "Gracie Allen (1902-1964) & George Burns (1896-1996)-Together Again" (“Xuntos de novo”).

Filmografía editar

Notas editar

  1. Epstein, Lawrence J. (2011). George Burns: An American Life. McFarland & Company. p. 189. 
  2. Marx, Arthur. "Ninety-eight-year-old George Burns Shares Memories of His Life". Cigar Aficionado. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2010. Consultado o 21 de agosto de 2007. 
  3. Burns, George (1989). How to live to be 100--or more: the ultimate diet, sex, and exercise book. Penguin Group USA. p. 61. 
  4. Burns, George (Novembro de 1988). Gracie: A Love Story. Nova York: G. P. Putnam's Sons. ISBN 0-399-13384-4. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gottfried, Martin (1996). George Burns. Simon & Schuster. 
  • Young, Jordan R. (1999). The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0. 

Ligazóns externas editar