Genealogy é un supergrupo armenio formado por cantantes pertencentes á diáspora armenia dispersa polo mundo tras o xenocidio armenio de 1915. Será o grupo encargado de representar a Armenia no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Face the Shadow" (Fronte á sombra), inicialmente titulada como "Don't deny" (Non o negues).[1] Cinco dos cantantes representan a cada un dos cinco continentes, aos que se suma un sexto membro que vive en Armenia e que xa representou a Armenia no Festival de Eurovisión 2009 xunto á súa irmá Anush, onde quedaron décimas. A confección do supergrupo pretende simbolizala unión entre os armenios do mundo.

Genealogy
Orixe Armenia
Período2015
MembrosEssaï Altounian (Europa)
Tamar Kaprelian (América)
Vahe Tilbian (África)
Stephanie Topalian (Asia)
Mary-Jean O'Doherty Basmadjian (Oceanía)
Inga Arshakyan (Armenia)
Na rede
Páxina web oficial
Musicbrainz: 70d20a15-6852-44aa-8327-1e10ec17397e Discogs: 4355585 Editar o valor em Wikidata

Membros editar

Continente País Artista Nacemento Data de unión ao grupo
 
África
  Etiopía Vahe Tilbian 2 de maio de 1980 23 de febreiro de 2015
 
América
  Estados Unidos Tamar Kaprelian 28 de outubro de 1986 20 de febreiro de 2015
 
Asia
  Xapón Stephanie Topalian 5 de agosto de 1987 27 de febreiro de 2015
 
Europa
  Francia Essaï Altounian 5 de novembro de 1980 16 de febreiro de 2015
 
Oceanía
  Australia Mary-Jean O'Doherty Vasmatzian 2 de abril de 1982 3 de marzo de 2015
 
Armenia
  Armenia Inga Arshakyan 18 de marzo de 1982 12 de marzo de 2015

Notas editar

  1. "Eurovision Armenia: Geneaology will fly to Vienna!". esctoday.com. Consultado o 11 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar