Gemmatimonadetes
Gemmatimonadetes | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gemmatimonas aurantiaca | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Gemmatimonas aurantiaca H. Zhang et al., 2003[1] |
As Gemmatimonadetes (phyl. nov.) son un pequeno filo de bacterias, que comprende unha soa familia. O primeiro membro deste grupo descubriuse en 2003 na lama dun sistema de tratamento de augas residuais e denominouse Gemmatimonas aurantiaca, que era un bacilo gramnegativo aerobio, que parecía que se replicaba por xemación, vivía optimamente a 30 °C e pH 7. As secuencias de ARNr 16S tomadas de mostras ambientais indican que este filo debe estar máis difundido na natureza.[1]
Este filo agrúpase ás veces con Bacteroidetes, Chlorobi, Fibrobacteres, Caldithrix e o grupo mariño A para formar o grupo FCB ou superfilo.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Zhang H, Sekiguchi Y, Hanada S, Hugenholtz P, Kim H, Kamagata Y, Nakamura K (2003). "Gemmatimonas aurantiaca gen. nov., sp. nov., a gram-negative, aerobic, polyphosphate-accumulating micro-organism, the first cultured representative of the new bacterial phylum Gemmatimonadetes phyl. nov.". Int J Syst Evol Microbiol 53 (Pt 4): 1155–63. PMID 12892144.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Taxonomicon Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.