Gemma Gary

ocultista e artista británica

Gemma Gary, é unha ocultista e artista británica.

Gemma Gary
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónocultista e escritora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Especializouse na maxia tradicional europea, escribiu varios libros sobre a súa práctica ritual así como a exploración no Folclore córnico. É observante da maxia popular europea que codificou para vivificala e facela viable proseguindo a tradición individual de prácticas máxicas da xente de Cornualla e Devon.

Ao non sentirse completamente identificada coa Wicca comezou a traballar de maneira instintiva e fixouse na bruxería popular da súa bisbarra, atopándose con xente semellante coa que conxeniou en diferentes aquelarres tradicionais chegando a ser líder do aquelarre "Ros and Bucca" onde traballa coa maxia operativa e mais a espiritual fundando a " Craft Order Kobb Bucca" onde funde o paganismo clásico do "numen local (genis Loci)[1] así como con certas formas de maxia afectada polo cristianismo sen por iso rexeitalo debido á comuñón espiritual común, usando así denominacións católicas nos seus rituais e incluso os Salmos. Por outra banda usa a figura folclórica do "Demo" como unha forza que ela denomina "O Antigo", unha figura psicopompa de desvelamento do oculto no cosmos sen ningún tipo de conexión satanista ou luciferina nin cristiá.

Notas editar

  1. "Goddess of home" Gemma Gary Uk 2009

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.