Xema Galgani

santa italiana
(Redirección desde «Gema Galgani»)


Xema Galgani[1], en italiano Gemma Galgani, máis coñecida como Santa Xema, nada en Camigliano o 12 de marzo de 1878 e finada en Lucca o 11 de abril de 1903, foi unha moza e mística pasionista italiana, venerada como santa pola Igrexa católica.

Infotaula de personaXema Galgani
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1878
Capannori, Italia
Morte11 de abril de 1903 (25 anos)
Lucca, Italia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose)
Datos persoais
País de nacionalidadeItaliana
RelixiónCatólica
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaPassionistas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de abril
13 de abril Editar o valor em Wikidata

IMSLP: Category:Galgani,_Gemma Find a Grave: 26723144 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Enrico Galgani e Aurelia Landi, os pais de santa Xema

Xema foi unha das fillas do boticario Enrico Galgani e a súa esposa Aurelia Landi, quen morreu cando Xema tiña 7 anos. Quedou orfa de pai aos 18 e axudou á súa tía a criar os seus irmáns máis novos. Tras rexeitar dous pretendentes, foi contratada como ama de chaves pola familia Giannini, que lle tomou moito agarimo e practicamente adoptouna. Con eles Xema trasladouse á cidade de Lucca. Alí fíxose amiga da venerábel María Eugenia Giannini, máis tarde tamén pasionista italiana. Despois da morte da súa amiga, fundou a congregación «Fillas de Santa Xema».

Xema caracterizouse pola súa piedade e o seu amor a Cristo e a Eucaristía. Foi unha das primeiras mulleres estigmatizadas do século XX. Tres días á semana, durante polo menos tres anos, Xema mostraba estigmas nas mans e nos pés, que logo desaparecían. Tamén era famosa polas súas visións do seu Anxo da Garda, a quen mesmo lle pedía ás veces que lle levase recados se estaba demasiado ocupada. Xeralmente pedíalle que lle enviase cartas ao correo destinadas ao seu director espiritual.

Xema era unha rapariga de saúde delicada. Aos 20 anos sanou milagrosamente dunha grave meninxite. Ela atribuíulle a súa curación a san Gabriel da Dolorosa, entón venerábel, a quen lle rezou fervorosamente mentres recibía tratamento. Esa mala saúde non permitiu que fose aceptada como relixiosa pasionista, pero igualmente recibiu as honras correspondentes á Orde.

Xema morreu probabelmente de tuberculose en Lucca o 11 de abril de 1903, á idade de 25 anos.

Canonización editar

Foi beatificada polo papa Pío XI o 14 de maio de 1933, na Basílica de San Pedro. Canonizada polo papa Pío XII en 1940, converteuse así na primeira muller santa do século XX.[2] Os seus restos mortais descansan no Santuario pasionista de Lucca, onde se congregan cada ano miles de peregrinos.

A festa de santa Xema Galgani, segundo o calendario litúrxico, é o 11 de abril. Porén, en España, por concesión especial da Santa Sé, celébrase o 14 de maio, en recordo da súa beatificación.[3] Desde 1985 venérase no Santuario de Santa Xema de Madrid a reliquia do corazón da santa.[3] En Galicia, venérase en Santa Xema, na Coruña.[4]

Xema Galgani no cinema editar

Diversos proxectos afeccionados levaron a vida da santa á pantallas. En 2022 unha produtora española comunicou a preproducción dunha longametraxe titulada Gemma Galgani[5] (o nome orixinal da santa). A película será guionizada e dirixida polo cineasta e médico español, especialista en cine relixioso, Óscar Parra de Carrizosa, e prevese a súa estrea para o 11 de abril de 2023.

Notas editar

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-10. 
  2. Zavala, José María (11 de marzo de 2011). Bastardos y Borbones: Los hijos desconocidos de la dinastía (en castelán). Penguin Random House. ISBN 9788401347672. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Los padres Pasionistas celebran la fiesta de santa Gema en la basílica santuario". Archidiócesis de Madrid (en castelán). 14 de maio de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2022. 
  4. "Horarios de Misa y celebraciones - Parroquia/Santuario Santa Gema / A Coruña". www.xn--santagemacorua-2nb.es (en castelán). Consultado o 2023-11-10. 
  5. "La vida de santa Gema Galgani será llevada a la gran pantalla". DEHON Cinema International. 2022. Consultado o 6 de marzo de 2022.