O gato manx (en manx: kayt Manninagh) é unha raza de gato doméstico (Felis catus) orixinaria da Illa de Man, coa particularidade de ter de forma natural unha mutación que lle acurta o rabo. Moitos gatos Manx teñen un pequeno cacho de rabo, pero os gatos Manx son mellor coñecidos por non ter nada del; esta é a característica máis distintiva da raza, xunto coas patas traseiras alongadas e unha cabeza redondeada. Os gatos manx teñen toda clase de cores e patróns, malia que os espécimes todo brancos son raros, e a variedade de patróns era máis limitada orixinalmente. As variedades de pelaxe longa son consideradas a miúdo unha raza diferente, a cymric. Os manx son gatos prezados polas súas habilidades como cazadores, e por ese motivo, eran adoitos nas granxas con problemas de ratos e foi a raza favorita polos mariñeiros.

Gato manx

Istancia deraza de gato Editar o valor en Wikidata
Subclase degato Editar o valor en Wikidata
EpónimoIlla de Man Editar o valor en Wikidata
Distribución
País de orixeIlla de Man Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Orixe da raza
Gato manx

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.