Gargantáns, Moraña

parroquia do concello de Moraña
(Redirixido desde "Gargantáns")

Coordenadas: 42°34′06″N 08°35′04″O / 42.56833, -8.58444

San Martiño de Gargantáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 225 habitantes (118 mulleres e 107 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 234 habitantes.

Gargantáns
Gargantáns.jpg
Igrexa de San Martiño de Gargantáns.
ConcelloMoraña
Poboación184 hab. (2017)
Entidades de poboación4

PatrimonioEditar

A Lapa de Gargantáns é un menhir de pouco menos dos dous metros de altura datado entre os anos 3000 e 2000 a.C. Orixinariamente era máis alto, xa que se comprobou que a base está cortada, polo que se supón que foi trasladado desde outro sitio ata a súa localización actual. Presenta a superficie labrada, aínda que actualmente só se aprecian varias cazoletas. Aparece representado como motivo principal do escudo de Moraña.

A igrexa parroquial de San Martiño conserva a ábsida románica.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de GargantánsEditar

Lugares da parroquia de Gargantáns no concello de Moraña (Pontevedra)

A Espedregueira | O Muíño | Paraños | San Martiño

Parroquias de MorañaEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Moraña

Amil (San Mamede) | Cosoirado (Santa María) | Gargantáns (San Martiño) | Lamas (Santa Cruz) | Laxe (San Martiño) | Rebón (San Pedro) | Saiáns (San Salvador) | San Lourenzo de Moraña (San Lourenzo) | Santa Xusta de Moraña (Santa Xusta)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar