Garda de Ferro
A Garda de Ferro (en romanés Garda de Fier) foi un movemento fascista, ultranacionalista e antisemita romanés, convertido logo nun partido político, que existiu desde 1927 até a segunda guerra mundial.
Garda de Ferro | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | anticomunismo, Antisemitismo, fascismo clerical e Nacionalismo romanés |
Data de fundación | 24 de xullo de 1927 |
Data de disolución | 1945 |
Fundador(es) | Corneliu Zelea Codreanu |
Presidente/a | |
Sede | Bucarest |
País | Romanía |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O movemento foi fundado por Corneliu Zelea Codreanu, o 24 de xullo de 1927, baixo o nome "Lexión do Arcanxo Miguel", e foi liderada por Codreanu até a súa morte, en 1938. Os adeptos e membros do movemento eran chamados "lexionarios". En marzo de 1930 Codreanu formou a "Garda de Ferro", unha póla paramilitar e política da Lexión; este nome chegou a aplicarse para a Lexión enteira. Máis tarde, en xuño de 1935, a Lexión mudou oficialmente o seu nome ao partido "Totul pentru Ţară" ("Todo para o País").
Os seus membros levaban uniformes verdes (considerados símbolo de rexuvenecemento, polos seus uniformes gañaron o alcume "As camisas verdes") e saudábanse entre eles como os romanos. O símbolo principal empregado pola Garda de Ferro foi unha cruz tripla, representando barras de prisión (como escudo do martirio), ás veces chamada "A Cruz do Arcanxo Miguel".